Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

23 de diciembre de 2022

A Cabalgata terá lugar o día 5 de xaneiro

O Concello publica a listaxe provisional de solicitantes para participar como figurantes na Cabalgata de Reis Magos

As persoas que desexen alegar contra a listaxe provisional poderán facelo ata o día 26 de decembro ás 23:59 horas

O Concello da Coruña, a través da área municipal de Cultura, publicou este venres a listaxe provisional de admitidos e excluídos na convocatoria de figurantes para a Cabalgata de Reis 2023 do día 5 de xaneiro, así como as persoas que deben emendar as súas solicitudes.

Recórdase que para participar como figurantes débese cumprir o requisito de idade. É dicir, que a 1 de xaneiro de 2023 os menores teñan unha idade comprendida entre os 6 e os 11 anos.

Na listaxe elimináronse as solicitudes duplicadas que se correspondían con un ou unha mesma menor. As persoas que desexen alegar contra a listaxe provisional poderán facelo ata o día 26 de decembro ás 23:59 horas, a través do correo electrónico cultura@coruna.gal.

Durante o período de alegacións non se aceptarán novas solicitudes.

A listaxe provisional de admitidos e excluídos pode consultarse, e descargarse, na parte inferior desta nova.

Documentos:

Listaxe provisional de admitidos e excluidos para os figurantes da Cabalgata de Reis (654 KB)

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión