Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

3 de marzo de 2020

O concello reactivará as visitas á lonxa para as persoas usuarias dos centros cívicos e doutros colectivos da cidade

A titular de Benestar Social, Yoya Neira, reuniuse esta mañá coa presidencia da Lonxa da Coruña para falar deste asunto e das posibles vías de comunicación entre ambas as partes para proxectos futuros

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, e varias persoas do seu equipo técnico reuníronse esta mañá co presidente da Lonxa da Coruña, Juan Carlos Corrás, e o seu xerente, José Luis Otero.

Na reunión, ambas as partes falaron da reactivación das visitas á lonxa das persoas usuarias dos centros cívicos municipais ou doutros colectivos da cidade e da apertura de posibles vías de comunicación entre a lonxa e o concello para futuros proxectos. Respecto a iso, a concelleira asegurou que "é necesario seguir traballando na mesma liña na que comezamos esta lexislatura, unha liña de colaboración estreita entre entidades e administración para axunar esforzos e conseguir melloras nos diferentes aspectos da vida das persoas". Neira referiuse á lonxa e ao porto como "un valor tan presente e importante na historia e no desenvolvemento da cidade", motivo polo que "a colaboración debe ser aínda máis fluída".

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión