13 de abril de 2026
O equipo disputará do 24 ao 26 de abril na Coruña a fase final de ascenso á Primeira Nacional, mentres a súa canteira acada resultados históricos en Galicia
A alcaldesa, Inés Rey, recibiu esta mañá no Concello ás xogadoras, corpo técnico e directiva do Club Voleibol Cidade da Coruña, nun acto de recoñecemento á súa traxectoria e ao seu destacado traballo no deporte de base da cidade.
O primeiro equipo feminino disputará do 24 ao 26 de abril na Coruña a fase final de ascenso á Primeira Nacional, compartindo grupo con conxuntos como o Rivas, Sant Just, Sanse ou Haris Tenerife, nunha cita que reúne aos mellores equipos da categoría.
Máis alá do equipo sénior, o club está a protagonizar unha tempada histórica na súa base, sendo o único de Galicia en clasificar equipos para todas as fases finais galegas femininas, desde categoría benxamín ata júnior, ás que acceden unicamente os catro mellores conxuntos de cada liga. A isto súmase a presenza de equipos masculinos en categorías benxamín, alevín e infantil.
Entre os resultados máis destacados figuran o subcampionato galego xuvenil e os títulos de liga en categorías alevín, cadete e júnior, que lles outorgan o pase directo aos campionatos de España. O club conta, ademais, con arredor de 250 fichas federativas, consolidándose como un referente do voleibol galego.
Durante a recepción, Inés Rey destacou o compromiso do Concello co deporte base e anunciou que a cidade contará en breve cun novo espazo de vólei praia en Visma, que poderá ser utilizado polos clubs durante o verán para continuar co seu traballo deportivo.

14 de abril de 2026

13 de abril de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible