18 de mayo de 2026
A campaña incluíu materiais informativos e accións a pé de rúa nas principais zonas de ocio

Para o desenvolvemento da campaña distribuíronse materiais informativos e de apoio en numerosos locais da cidade, entre eles pousavasos, adhesivos, carteis, vinilos e cubos promocionais. Ademais, leváronse a cabo accións informativas a pé de rúa durante varias fins de semana nas principais zonas de ocio nocturno da Coruña.
A iniciativa municipal promove condutas cívicas e responsables nas zonas de lecer da cidade
O Concello da Coruña será recoñecido o vindeiro 20 de maio na novena edición dos Premios Recicla la Noche pola campaña municipal "Este é o teu sinal", unha iniciativa impulsada para promover a convivencia, o respecto á veciñanza e as condutas responsables nas zonas de ocio nocturno da cidade.
A campaña, presentada o pasado mes de xaneiro xunto ao sector hostaleiro e ás asociacións veciñais, naceu co obxectivo de fomentar hábitos cívicos entre as persoas usuarias dos locais de ocio e hostalería.
Baixo o lema "Este é o teu sinal", o Concello puxo en marcha unha acción de sensibilización centrada en tres mensaxes fundamentais: evitar o ruído na rúa, non consumir bebidas alcohólicas fóra dos establecementos e respectar os espazos públicos.
Para o desenvolvemento da campaña distribuíronse materiais informativos e de apoio en numerosos locais da cidade, entre eles pousavasos, adhesivos, carteis, vinilos e cubos promocionais. Ademais, leváronse a cabo accións informativas a pé de rúa durante varias fins de semana nas principais zonas de ocio nocturno da Coruña.
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, destacou "a importancia de seguir avanzando en iniciativas que permitan compatibilizar o lecer co descanso da veciñanza e coa convivencia nos barrios". Neste sentido, puxo en valor a colaboración entre o Concello, o sector hostaleiro e as asociacións veciñais para impulsar campañas de sensibilización eficaces e próximas á cidadanía.
O recoñecemento recibido pon en valor o carácter colaborativo e innovador dunha campaña que acadou unha ampla visibilidade nas zonas de ocio da cidade e que contribuíu a reforzar a concienciación cidadá sobre a necesidade de manter comportamentos responsables no espazo público.

12 de mayo de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible