Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

28 de mayo de 2021

O Concello recoñece o labor do alumnado das Esclavas cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

A comunidade educativa do colexio presenta no Salón de Plenos de María Pita a súa Axenda 2021 que recolle un total de 17 ODS e as iniciativas postas en marcha para mellorar a vida das persoas e do medio ambiente

Hoxe no salón de plenos do Concello tocou clase de educación para o compromiso. O alumnado do colexio Esclavas presentoulles esta tarde á alcaldesa, Inés Rey, e aos concelleiros de Participación Cidadá e Educación, Yoya Neira e Jesús Celemín, a súa Axenda 2021, un proxecto en que toda a comunidade educativa se involucrou e que recolle un total de 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, ODS.

A alcaldesa, Inés Rey, felicitoulles pola súa iniciativa e por "ser o futuro do planeta" e mostrouse moi orgullosa do seu traballo e da súa conciencia social "e de todo o que representades para esta cidade". A rexedora explicoulles como o Goberno local tamén traballa coa axenda 2030: "a nosa folla de ruta para ese mundo que queremos todas e todos".

A rexedora sinalou que desde que chegou á alcaldía, un dos seus principais obxectivos foi establecer unha política baseada nestes obxectivos de desenvolvemento sostible: o coidado do medio ambiente, a igualdade plena, a mobilidade, a seguridade viaria e a mellora dos servizos sociais. Hoxe, dixo, podo afirmar que puxemos en marcha unha nova cidade do futuro.

Durante a presentación, alumnado, profesorado e familias, foron compoñendo un quebracabezas, que representa a súa forma de entenderen e interpretaren os ODS, "porque se falla unha ficha, o quebracabezas non está completo", dixeron.

Os obxectivos do proxecto, explicaron, son amosar o seu compromiso para construíren un mundo mellor, aprender a importancia das pequenas actuacións locais para lograr cambios globais, cooperar para chegar acordos e responsabilizarse dos problemas da súa contorna. Cada ODS comporta un compromiso por parte dos escolares: desde recoller libros infantís para doalos á asociación "Participa" que traballa con familias vulnerables, realizar unha rifa de produtos ecolóxicos en favor do Banco de Alimentos, poñer en marcha talleres de aprendizaxe entre iguais, ensinar a  identificar os estereotipos de xénero que están ao noso ao redor ou mellorar as condicións das persoas que traballan no seu colexio, entre outros.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión