10 de julio de 2026
A alcaldesa, Inés Rey, recibiu os profesionais de emerxencias e agradeceulles o seu labor de apoio no país
A alcaldesa, Inés Rey, recibiu hoxe en María Pita aos bombeiros da Coruña desprazados a Venezuela, David Hermida e Carlos Blanco, para trasladarlles o agradecemento público polo seu traballo e apoio nos labores de rescate: "Quero agradecerlles ese xesto que é a demostración desa vocación de servizo público que teñen os Bombeiros da Coruña que non dubidan en axudar alí onde se necesita" apuntou a alcaldesa, acompañada da concelleira de Seguridade Cidadá, Monterrat Paz.
Rey fíxolles entrega dun pin de prata da Torre de Hércules para simbolizar "ese espírito compartido por todo o parque de Bombeiros da Coruña e cuxo recoñecemento fago extensivo ao conxunto do corpo" e destacou a voluntariedade dos bombeiros nos diferentes sucesos dos últimos anos: "Vímolo na DANA de Valencia ou en tantas outras catástrofes onde son os primeiros en ofrecerse a prestar axuda sexa como sexa".
Hermida e Blanco desprazáronse ate A Guaira, en Venezuela, como parte dun operativo coordinado pola ONG Briegal (Busca e Rescate Integral en Emerxencias de Galicia). Partiron da base aérea de Torrejón de Ardoz acompañados por outros profesionais de emerxencias de diferentes partes de Galicia e de España. "Foi a nosa primeira intervención nunha catástrofe destas características. É unha situación moi dura. O noso traballo habitual é solucionar problemas pero nun escenario como este non podes solucionar nada. Como moito podes tratar de axudar no que sexa posible" sinalaron.
O apoio do Concello da Coruña completouse ademais coa mobilización dun vehículo de emerxencias, empregado nas accións de rescate sobre o terreo. "Por desgraza, o noso equipo non conseguiu atopar a ninguén con vida nos operativos. O apoio entre nós foi fundamental para facer fronte á frustración", subliñaron Hermida e Puey, que estiveron traballando catro xornadas.

3 de julio de 2026

25 de junio de 2026

24 de junio de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible