26 de enero de 2026
Os servizos municipais aproveitan o cambio de alerta vermella a amarela para reparar a estrutura de area en previsión de novos fenómenos meteorolóxicos
O Concello, a través da Concellería de Medio Ambiente, comezou hoxe os traballos de reparación da duna de Riazor, afectada polas borrascas de xaneiro e en especial polo paso de Ingrid a pasada fin de semana. Unha retroescavadora de 30 toneladas traballa en Riazor para volver montar e perfilar a duna aproveitando o paso de alerta vermella a amarela.
"Está previsto que os traballos de reparación da estrutura de area que protexe o paseo marítimo estean finalizados esta mesma semana, en función das condicións meteorolóxicas. No Goberno de Inés Rey é unha prioridade manter a seguridade no paseo", sinalou a concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira. Dende o mércores pasado e mentres duren as xornadas de mal tempo, un retén dos servizos de limpeza municipais composto dun tractor e un camión cisterna permanece en Riazor para efectuar arranxos puntuais e limpar a area que poida chegar á beirarrúa e á calzada.
A duna de Riazor, que supera os dous metros de altura na súa cota máis elevada, levantouse por primeira vez no ano 1995 como resposta a un forte temporal que derrubou a antiga balaustrada do Paseo Marítimo ao seu paso por este areal.
A barreira de area permanecerá en Riazor ata mediados de maio, data na que será retirada para deixar as praias preparadas para o gozo da tempada de baño a partir do 15 de xuño.

19 de enero de 2026

16 de enero de 2026

13 de enero de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible