Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de xaneiro de 2023

O Concello reconstruirá a duna da praia de Riazor tras os últimos temporais

A area amortiguou os efectos das ondas durante os episodios de alerta meteorolóxica, pero é preciso repoñela para garantir a protección do paseo

O Concello, a través da súa Concellaría de Medio Ambiente, comeza mañá os traballos de reconstrución da duna da praia de Riazor, que foi danada nalgúns puntos durante as alertas meteorolóxicas por fenómenos costeiros das últimas semanas.

Dependendo da climatoloxía, as tarefas poderían durar ata catro días. Vaise utilizar unha retroescavadora xiratoria de gran capacidade para facer unha gabia entre o muro do Paseo Marítimo e a propia duna que garanta que a auga non chegue á zona peonil. Tamén se empregará para subir a area da outra parte da duna á súa altura orixinal.

Para estas tarefas tamén se utilizarán tractores con pa para os extremos e haberá operarios que garantan a seguridade na zona. A reconstrución da duna dáse tras os últimos temporais na costa coruñesa, nos que foi necesario cortar o acceso peonil ao Paseo Marítimo ante a previsión de ondas de máis de oito metros. Finalmente, a estrutura de area resistiu, pero é necesaria a súa reparación para o resto do inverno. O Concello está a estudar un novo deseño para a barreira de area co fin de facela máis efectiva fronte á acción das ondas.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión