Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

4 de junio de 2026

O Concello reforza a atención ao alumnado con necesidades especiais cunha nova edición do programa de músicoterapia nas aulas

A través da Fundación Emalcsa renovarase para os próximos cursos o proxecto que no 2025 chegou a 74 alumnas e alumnos da cidade

A cidade contará un ano máis cun programa de musicoterapia e pedagoxía musical nas aulas de centros educativos con alumnado con necesidades educativas especiais. O Concello, a través da Fundación Emalcsa, sacou a licitación o servizo para os próximos dous cursos, coa posibilidade de prórroga para outros dous, impulsando así unha nova edición deste proxecto que emprega a música (son, ritmo, melodía e harmonía) como ferramenta terapéutica para promover a comunicación, a aprendizaxe, a mobilización e a expresión do alumnado, respondendo ás súas necesidades físicas, psíquicas, sociais e cognitivas.

"O Concello cre na inclusión e no aprendizaxe que usa todas as ferramentas posibles para mellorar o desenvolvemente de todos os nenos e nenas. Manter este servizo era para nós algo fundamental, no só polos extraordinarios resultados do curso anterior, senon porque sabemos que abre a porta á innovación no ensino e que mellora a vida de moitos alumnos e alumnas ", subliñou a alcaldesa, Inés Rey. 

A edición do curso pasado consolidou o programa como unha das iniciativas de maior impacto no ámbito da inclusión educativa na cidade. En total, foron 74 participantes, 15 sesións semanais, 413 horas presenciais e un crecemento do 117% respecto ao curso anterior.

O traballo realizouse cunha metodoloxía flexible baseada en técnicas activas (improvisación musical terapéutica, creación de cancións, uso selectivo de música editada e técnica EISS) e técnicas receptivas como a vibroacústica con diapasóns terapéuticos. A continuidade do programa creou un hábito-rutina no alumnado moi favorable para acadar os obxectivos terapéuticos, e demostrou que a constancia é un factor clave nos resultados. O vínculo afectivo, a observación individualizada e o compromiso dos equipos docentes e psicopedagóxicos dos centros foron elementos determinantes para o éxito do proxecto.

O programa estrutúrase en tres fases. Nunha primeira fase de deseño e preparación, a entidade responsable elabora unha programación adaptada a cada centro, con obxectivos específicos para catro áreas de desenvolvemento: interacción social, afectivo-cognitiva, vocal e de linguaxe, e neurosicomotriz.

Na fase de desenvolvemento impártense ata 12 sesións grupais semanais de unha hora de duración, con grupos de ata seis alumnos, ao longo de todo o curso académico. Contémplanse tamén un mínimo de 60 horas de sesións individuais e 27 horas de reunións de coordinación coa dirección dos centros, os equipos psicopedagóxicos e as familias.

A fase de avaliación inclúe informes mensuais sobre o desenvolvemento do programa, un informe final para a memoria da Fundación Emalcsa e unha avaliación de fondo sobre os resultados de transformación social acadados.

Este proxecto reflicte o compromiso continuado do Concello e a Fundación Emalcsa coa inclusión educativa e o benestar do alumnado con necesidades especiais. A musicoterapia constitúe unha ferramenta de apoio terapéutico que complementa a acción dos equipos docentes e psicopedagóxicos, contribuíndo ao desenvolvemento integral do alumnado nas súas dimensións cognitiva, emocional e social.

Licitación aberta

O persoal que execute o programa deberá contar con titulación superior en música, pedagoxía musical, terapia ocupacional, psicoloxía ou educación, xunto cunha formación de posgrao en musicoterapia, nivel CELGA 4 de lingua galega e habilitación para o exercicio da docencia.

As entidades interesadas poden acceder á documentación completa da licitación, incluíndo o prego de prescricións técnicas e o prego de cláusulas administrativas particulares, a través da Plataforma de Contratación do Sector Público. Toda a información na web de Fundación Emalcsa.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión