25 de junio de 2025
A concelleira Montserrat Paz acompañou hoxe a efectivos da Policía Local e dos servizos de emerxencias para comprobar o respecto á normativa
O Concello da Coruña continúa a intensificar as accións destinadas a preservar a seguridade e a orde no espazo público. Esta mañá, a concelleira de Seguridade Cidadá, Montserrat Paz, acompañou a un equipo da Policía Local e un equipo de emerxencias polo barrio da Pescadería, para facer unha inspección do cumprimento da normativa e da ocupación de solo público.
A inspección tivo como finalidade verificar que a disposición das terrazas nos establecementos hostaleiros garante o paso dos vehículos de emerxencia. A maioría dos locais delimitan correctamente os espazos autorizados mediante marcas viarias. En aqueles casos nos que se detectaron incumprimentos, o persoal municipal trasladou as indicacións necesarias para corrixilos de inmediato.
Nunha cidade comprometida coa seguridade e a convivencia, o goberno de Inés Rey mantén unha liña de actuación constante para asegurar que o uso do espazo público se axuste ás condicións legais e favoreza a mobilidade e a resposta ante calquera eventualidade.
Estas inspeccións forman parte dun traballo preventivo e sostido que busca garantir que A Coruña siga sendo unha cidade accesible, ordenada e preparada para facer fronte a situacións de urxencia coas máximas garantías.

21 de noviembre de 2025

20 de noviembre de 2025

14 de noviembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible