Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

14 de agosto de 2022

O Concello remata a restauración dun dos canóns do Monte de San Pedro e avanza nos traballos do segundo

O plan de recuperación deste espazo continúa adiante cos traballos no Museo de Interpretación dos Canóns, a renovación do labirinto e a recuperación da cúpula

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Medio Ambiente, rematou nas últimas datas a restauración dun dos canóns do Monte de San Pedro e avanza nos traballos do segundo destes históricos elementos da cidade. Ademais, tamén se completaron os traballos de recuperación dos aseos públicos e a maquinaria bélica exposta no exterior do parque.

Esta actuación forma parte do compromiso do Goberno municipal de Inés Rey coa recuperación das zonas máis emblemáticas da cidade, entre elas este parque do Monte de San Pedro e os seus diferentes espazos. Este espazo é un gran foco turístico e de ocio para todas as coruñesas e coruñeses, polo que a súa recuperación é unha prioridade.

O Goberno municipal está traballando en diferentes puntos deste parque. Destaca a recuperación do Museo de Interpretación dos Canóns da batería militar, que volverá a abrir ao público proximamente. O museo, que leva anos pechado, atópase nunha das dependencias do parque e contén pezas históricas de artillería que volverán estar á disposición das persoas interesadas para o seu visionamento e estudo. O obxectivo con esta actuación é por en valor os bens municipais e darlles un novo pulo ás instalacións do Monte de San Pedro. Este proxecto atópase na actualidade centrado na recuperación do mobiliario e a sinalización.

Por outra banda, tamén se recuperou a cúpula do miradoiro de San Pedro para a celebración de eventos e outras actividades colectivas mediante a habilitación do seu interior e a reparación das escaleiras exteriores. O labirinto foi restaurado tamén por completo tras verse afectado en 2019 por unha praga de fungos que obrigou a replantar todo o arbusto. A Concellaría de Medio Ambiente tamén actuou sobre o céspede e o arboredo presente no parque, e están en marcha traballos no estanque.  

"Para o Goberno de Inés Rey é unha prioridade que o Monte de San Pedro, atalaia privilexiada da nosa cidade, estea totalmente recuperado e poñer así en valor uno dos espazos verdes máis amplos e queridos pola cidadanía coruñesa", apuntou Esther Fontán, concelleira de Medio Ambiente.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión