Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

23 de enero de 2021

O Concello renova 63 puntos de luz no primeiro tramo da Rolda de Outeiro

“Con esta obra, o tramo comprendido entre a avenida do Ferrocarril e a avenida do Exército muda a súa paisaxe nocturna cara a unha iluminación máis confortable, saudable e respectuosa coa noite”, sinalou a alcaldesa, Inés Rey. O edil de Urbanismo e Infraestruturas, Juan Díaz Villoslada, defendeu que “con esta actuación, a Rolda de Outeiro convértese nun caso de éxito de deseño lumínico e tecnoloxía baixo criterios de sustentabilidade”.

O Concello renova a iluminación pública do primeiro tramo da Rolda de Outeiro, entre a avenida do Ferrocarril e a avenida do Exército, con 63 puntos de luz novos. A obra, que concluíu esta semana, contou cun orzamento municipal de máis de 230.000 euros e supuxo un paso máis na modernización da iluminación pública da cidade, que neste caso contaba con máis de 25 anos de antigüidade.

"Con esta obra, o primeiro tramo da Rolda de Outeiro muda a súa paisaxe nocturna cara a unha iluminación máis confortable, saudable e respectuosa coa noite", sinalou a alcaldesa, Inés Rey, e apuntou que "esta paisaxe nocturna deixa de orientarse ao vehículo para facelo cara ás persoas". A rexedora destacou que o Goberno local ten "un compromiso firme coa xestión responsable e sostible da iluminación pública" do municipio.

Rey lembrou que o obxectivo do Concello da Coruña é "renovar a iluminación pública da cidade nos próximos tres anos" cunha axuda europea de 12,6 millóns de euros, despois de que o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico ratificara o proxecto presentado polo Executivo local para mellorar a eficiencia da iluminación na cidade.

Pola súa banda, o concelleiro de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, defendeu que "con esta actuación, a Rolda de Outeiro convértese nun caso de éxito de deseño lumínico e tecnoloxía baixo criterios de sustentabilidade, aliñándose cos principios da iniciativa Slowlight e respondendo aos máis esixentes criterios de deseño técnico e avaliación ambiental". Ademais, redúcese a potencia instalada nun 71,3 %, "co que se acadan valores óptimos en materia de eficiencia enerxética", matizou Villoslada. Esta obra "será un caso de estudo de xestión ambiental, analizando todos os factores con incidencia ambiental, control da contaminación, residuos, economía circular e ciclo de vida", engadiu o edil.

Desde o Servizo de Infraestruturas aseguran que con esta renovación das luminarias elimínase a emisión de luz cara ao hemisferio superior para protexer o ceo estrelado e minimízase a luz intrusa nas fachadas dos edificios. Emprégase un espectro de luz respectuoso coa saúde da cidadanía que contribúe a unha menor dispersión da luz perdida na atmosfera. A xestión do mantemento destes puntos de luz farase mediante códigos QR que conteñen toda a información sobre cada unha das luminarias.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión