13 de agosto de 2025
Nas vindeiras semanas, o conxunto laranxa arrincará a súa andadura na Primeira FEB
Este mércores, a Xunta de Goberno Local aprobou a modificación do obxecto da subvención nominativa que o Concello concede ao Básquet Coruña, co obxectivo de apoiar o club de cara á súa nova tempada na Primeira FEB.
"O Concello seguirá apoiando o Básquet Coruña, co obxectivo de velo novamente na elite do baloncesto nacional e, por iso, manteremos a nosa achega económica ao club este ano", apuntou a alcaldesa, Inés Rey.
Ademais, a rexedora informou de que xa se está a ultimar o convenio de cesión para que o Leyma siga xogando no Coliseum e sexa novamente a súa casa no vindeiro curso.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible