A Coruña City Council

A Coruña City Council

Dates:

21 of may of 2025

O Concello saca a concurso o plan de melloras no parque de Santa Margarida, onde se investirá un millón de euros en renovar camiños, vexetación e equipamentos de ocio

Crearase un novo circuíto de sendeiros para correr, que estarán conectados co espazo deportivo de calistenia que se construirá no parque, onde tamén se ampliará a área de xogos infantís

A alcaldesa, Inés Rey, informou hoxe de que o Concello investirá un millón de euros no plan de melloras previsto no parque de Santa Margarida, que sairá a concurso hoxe despois da súa aprobación na Xunta de Goberno Local.

As actuacións en Santa Margarida foron un dos asuntos máis destacados na orde do día. Cunha superficie de máis de 78.000 metros cadrados, o parque vivirá nos vindeiros meses unha nova transformación, coa renovación e adaptación dos camiños e sendas; a ampliación e mellora dos equipamentos e mobiliarios -tanto deportivos como de lecer-; e coa incorporación de novas especies arbustivas nos espazos verdes.

Neste sentido, o Concello prevé actuar en puntos como as escaleiras que baixan desde a Casa das Ciencias á Rosaleda e tamén no cruzamento de camiños que dá inicio ao paseo das Ciencias, onde se substituirá o pavimento de asfalto por lastro. A isto sumarase a creación dun novo circuíto de sendeiros con firme de cemento-xabre, no que se aproveitarán os espazos infrautilizados do parque e conectando así os seus diversos espazos de ocio e lecer.

A este respecto, tamén está previsto renovar o mobiliario urbano do parque e darlle uniformidade en termos estéticos. Isto suporá actuacións, por exemplo, nos espazos que están máis deteriorados, como é o caso dos merendeiros.

Un novo espazo de calistenia e máis xogos na área infantil

As novas pistas para correr chegarán á área de calistenia que se construirá sobre o espazo deportivo xa existente ao noreste do parque. E, ademais, crearanse máis sendeiros no sector sur-sueste, que interconectarán o mobiliario urbano de lecer alí existente. 

"A maiores, imos ampliar a área de xogos infantís próxima ao acceso desde a avenida de Arteixo, onde se sumarán novos equipamentos e se ampliará así o rango de idades para o seu uso diario, que xa é moi frecuente", explicou hoxe a alcaldesa.

A estas actuación sumaranse outras como a instalación de novos focos de iluminación, eficientes, que se situarán na contorna de elementos patrimoniais como o hórreo e o cruceiro do parque e contribuirán así á súa posta en valor. Ademais, tamén está previsto renovar a sinalización do parque, para darlle unha uniformidade estética e, ao mesmo tempo, reforzar a información que lles serve de orientación e guía ás persoas que visitan o parque.

Inés Rey puxo en valor este plan de intervencións en Santa Margarida, "que chega nun contexto moi específico porque o vindeiro 1 de xuño conmemórase o 40.º aniversario da Casa das Ciencias, a decana dos nosos Museos Científicos Coruñeses". A alcaldesa subliñou que, coas melloras previstas no parque, "tamén buscamos darlle un novo pulo ao museo, que o ano pasado recibiu a máis de cen mil visitantes e no que vai de 2025, só ata finais de abril, un total de 30.000".

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión