Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

18 de diciembre de 2023

O obxectivo é visibilizar a loita contra os Trastornos da Conduta Alimentaria (TCA) a través do apoio á Asociación de Bulimia e Anorexia da Coruña (ABAC)

O Concello súmase un ano máis ao programa A Radio Conta, cuxa 11ª edición será a favor de ABAC

Emitirase o sábado 30 de decembro desde o Teatro Colón, de 17.00 a 20.00 horas, con entrada de balde ata completar capacidade

A alcaldesa, Inés Rey, interveu esta mañá na presentación do programa solidario 'A Radio Conta' organizado polas emisoras da Coruña coa colaboración do Concello. Esta undécima edición da iniciativa estará dedicada á  Asociación de Bulimia e Anorexia da Coruña (ABAC) co obxectivo de visibilizar a loita contra os Trastornos da Conduta Alimentaria (TCA).

A emisión poderase escoitar en calquera das frecuencias das oito radios públicas e privadas implicadas na iniciativa e emitirase o sábado 30 de decembro desde o Teatro Colón, de 17.00 a 20.00 horas, con entrada de balde ata completar capacidade. "Penso que un programa coma este, de unión e reivindicación da radio, non podía ter outro nome diferente ao de 'A Radio Conta' porque se algo é a radio, é unha gran narradora do noso día a día" explicou a alcaldesa.

Nesta undécima edición, uniranse a Moncho Viña e ao equipo de profesionais radiofónicos, o humorista David Perdomo, a artista Cristina Pato, o actor Juanillo Esteban e os presentadores Rodrigo Vázquez e Paco Lodeiro. Tamén contará coas actuacións de The Rapants, o Grupo Fua, Lúa Mosquetera e Namy and The Band. Tamén terá un ano máis o radioteatro con guión de Óscar Cruz así como unha homenaxe ás figuras da radio e da vida pública galega como Pepe Domingo Castaño ou Arsenio Iglesias.

A Radio Conta, en beneficio de ABAC

A emisión dará visibilidade nesta undécima edición á Asociación de Bulimia e Anorexia da Coruña, entidade que leva 27 anos como referencia no tratamento integral dos Trastornos da Conduta Alimentaria (TCA). "Sumámonos con esta iniciativa á loita contra os TCA, unha problemática que afecta cada vez a máis persoas e se me permiten, tamén a máis mulleres" sinalou Rey.

Neste 2023, ABAC atendeu no seu centro terapéutico a máis de 200 pacientes con idades comprendidas entre 11 e 84 anos, cunha demanda que se incrementou nun 75% respecto a antes da pandemia. "As redes sociais, a sociedade da imaxe, fan que os canons de beleza non se amplíen senón que se reforcen" indiucou a alcaldesa, quen explicou que a validación dos 'likes', o uso dos filtros ou os retoques fotográficos constitúen un importante perigo, especialmente para as nenas. "Con esta acción queremos dar un novo apoio á entidade e con ela a tantas persoas que o padecen cada día" rematou.

Ademais de coñecer o labor de ABAC, o programa dará voz a profesionais, familias e persoas afectadas por algún destes trastornos. Haberá un posto de venda de material para axudar a ABAC e deixar donativos, así como facelos chegar a través do Bizum no número 01903.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión