5 de agosto de 2026
A actuación, enmarcada na folla de ruta do Plan de Barrios 2025-27, levarase a cabo sobre unha superficie de 9.200 metros cadrados nas calzadas de titularidade municipal
O Concello porá en marcha de forma inmediata os traballos de renovación do firme nas rúas da Urbanización Obradoiro, unha actuación impulsada tras reunións veciñais mantidas polo equipo de goberno de Inés Rey ao abeiro da primeira fase do Plan de Barrios 2025-27. Neste caso, coas persoas residentes en Feáns e a contorna.
A intervención, que suporá un investimento de 140.000 euros, comezará antes desta fin de semana. O asfaltado, que se executará sobre unha superficie total de 9.200 metros cadrados, levarase a cabo en calzadas de titularidade municipal que pasan polas rúas Irmandiños, Antonio Fernández López, Marcelino Pedreira Fernández, Fonte Tomé, Urbanización Obradoiro e Bidueiro.
A previsión dos servizos municipais é que as tarefas sobre o firme se executen en horario diurno, traballando por fases rúa por rúa para minimizar as incidencias de mobilidade. Neste sentido, o obxectivo é adecuar o firme e reforzar a seguridade viaria no conxunto do ámbito, tendo en conta a súa condición de enclave eminentemente residencial.
"Seguimos avanzando co noso obxectivo de actuar en todos os barrios e núcleos poboacionais da Coruña para darlle resposta ás demandas da veciñanza. Este Goberno municipal escoita a cidadanía porque a cidade non só avanza cando se pensa a grande escala, tamén o fai estando preto das necesidades cotiás. E esa é a liña de traballo na que seguiremos a insistir", apuntou o concelleiro de Infraestruturas, Jesús Celemín, que puxo en valor a fórmula dos encontros informativos do Plan de Barrios, "que son e seguirán sendo moi útiles para seguir estreitando o vínculo coa veciñanza".
También te puede interesar
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible