27 de marzo de 2026
Ademais, o Concello está a ultimar o contrato ponte para retomar o programa Lecer no mes de abril
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, presidiu esta tarde a sesión do consello reitor do IMCE na que se aprobaron os pregos de licitación do programa de Lecer cultural. O novo contrato entraría en vigor en setembro, unha vez remate o actual.. Deste xeito, o Goberno de Inés Rey actualiza este programa para "garantir a dinamización cultural nos espazos públicos para todas as idades, dando alternativas ao tempo libre da cidadanía con propostas innovadoras", indicou Castro.
O orzamento do novo servizo de Lecer cultural será de máis de 634.000 euros repartidos en tres anualidades, de setembro a finais deste ano, e 2027 e 2028. O programa de Lecer contará con talleres nas convocatorias de outono e primavera, campamentos de Nadal e verán, talleres monográficos e sendeirismo. Desenvolverase, como ata o de agora, tanto no Centro Sociocultural Ágora como no Fórum Metropolitano. O novo contrato aportará unha maior seguridade xurídica ao persoal traballador.
Por outra banda, o Concello está ultimando o contrato ponte que permitirá retomar o programa Lecer a partir do mes de abril tras a súa interrupción por causas alleas á administración. Deste xeito, retomarase o programa de primavera cunha nova empresa responsable da súa realización mentres non se adxudica o contrato definitivo.
O consello reitor do IMCE tamén aprobou esta tarde as contas do exercicio de 2025, que finalizou cun superávit de 559.510 euros. En total, a empresa pública ingresou 11.378.691 euros o pasado ano fronte a 10.630.504 euros de gastos, ao que hai que aplicar 188.676 euros de desviacións de financiamento do exercicio.

27 de marzo de 2026

26 de marzo de 2026

26 de marzo de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible