9 de febrero de 2026
O cirurxián Diego González Rivas, a matemática e pianista Laura Farré e a coruñesa Alba Meijide, experta en IA, serán varios dos protagonistas
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, acompañado polo director dos Museos Científicos Coruñeses, Marcos Pérez Maldonado, presentou hoxe a programación dos vindeiros días
O evento Coruña Comunica Ciencia volve á cidade con tres xornadas consecutivas de formatos divulgativos, monólogos, teatro e música. Será esta semana, os días 11, 12 e 13 de febreiro, e novamente co Teatro Colón como epicentro das actividades, como no anterior certame.
Esta mañá, no acto de presentación da edición deste ano, o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, puxo en valor esta iniciativa da entidade Ceo Aberto, que conta co apoio do Concello e a colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología - Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades: "Coruña Comunica Ciencia enriquece aínda máis a programación cultural da nosa cidade, que conta cun piar fundamental na nosa rede de Museos Científicos Coruñeses en materia de aprendizaxe didáctica".
Neste sentido, o persoal técnico da rede municipal tamén estará presente no evento desta semana. Concretamente, coa participación do director dos Museos Científicos Coruñeses, Marcos Pérez Maldonado -presente hoxe na rolda de prensa de presentación, acompañado polo divulgador científico David Ballesteros, fundador de Ceo Aberto-.
Con eles, persoeiros como o cirurxián Diego González Rivas, a matemática e pianista catalá Laura Farré, a coruñesa Alba Meijide -recoñecida polo seu traballo no campo da IA- e expertos en ciberseguridade como Kike Fontán.
A programación estará estruturada en tres bloques de actividades, en horario de mañá (para público escolar), de tarde e de noite (para público familiar e adulto).
Para asistir ás sesións programadas será preciso retirar entrada previa, cun custo de 2,95 por franxa horaria. Os pases dos días 11, 12 e 13 están dispoñibles aquí.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible