Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

23 de mayo de 2025

Un encontro con Odile Rodríguez de la Fuente, o Mercado Mar de Mares, e a apertura ao público por primeira vez da Torre de Salvamento marítimo, entre as actividades destacadas

O Festival Mar de Mares contará con máis de 20 actividades e estará dedicado á ciencia este ano

A concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, presentou hoxe a progrmación do evento, que chega á súa duodécima edición e se celebrará entre o 6 e o 15 de xuño

A concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, presentou esta mañá o programa do festival Mar de Mares, que desde hai 12 anos e co apoio do Concello, converteuse nun evento de referencia no noroeste para sensibilizar sobre o coidado do mar e a costa desde unha perspectiva educativa, lúdica e social. O festival forma xa parte da ampla axenda de actividades dedicadas ao coidado do medio ambiente apoiadas ou organizadasdesde o Goberno de Inés Rey.

Nas máis de 20 actividades programadas a partir do 6 de xuño os cidadáns que se inscriban de forma gratuíta poderán gozar de encontros con científicos, expertos oceanográficos, artistas, emprendedores, cociñeiros mariños e activistas, así como actividades ao aire libre e visitas a recintos e instalacións como a Torre de Salvamento Marítimo, que abre por primeira vez as súas portas á cidadanía.

A concelleira felicitou a Redes de Sal, entidade de que organiza o festival, "por conseguir manter no tempo este encontro tan importante para unha cidade como Coruña na que o mar foi e é clave para a súa economía e por sumar os seus esforzos aos que fai a Concellería na protección do litoral xunto a outras entidades".

As actividades deste ano inclúen exposicións, conferencias,, xornadas na natureza para avistamento de aves mariñas, monólogos, cinema... Entre as máis consolidadas están o Mercado Mar de Mares, que se celebrarei no mercado de San Agustín os días 6 e 7 de xuño, a limpeza de fondos mariños programada para o día 15 de xuño e o encontro coa bióloga e divulgadora científica Odile Rodríguez de la Fuente, o 6 de xuño na Domus.

Toda a programación e a información necesaria para inscribirse nas actividades pode atoparse na web do Concello e na do festival MDM2025 - Festival Mar de Mares

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión