Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

24 de febrero de 2021

O Goberno aproba as axudas municipais por 6,3 millóns para case 200 asociacións, cun incremento de 649.000 euros para o tecido social

O concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage Tuñas, anunciou a presentación este ano dunha nova Ordenanza Xeral de Subvencións e a creación dun Plan Estratéxico de Subvencións

O Goberno local da Coruña aprobou hoxe o modificativo de crédito que permitirá aboar 6,3 millóns de euros a case 200 asociacións sociais, culturais e deportivas da cidade. Este modificativo entrará en vigor de xeito inmediato, polo que as axudas estarán a disposición das entidades antes que nos últimos tres anos.

"O modificativo de crédito que presentamos hoxe responde ao compromiso da alcaldesa, Inés Rey, co tecido asociativo desta cidade", indicou o concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage Tuñas, quen explicou que os convenios deste ano, a causa da situación xerada pola pandemia, reflicten unha importante suba dos fondos destinados ás entidades de carácter social, que percibirán case 700.000 euros máis que o ano pasado. "A presente proposta de convenios nominativos ten un enfoque eminentemente social, tal e como demandaban todos os partidos representados nesta corporación", indicou Lage Tuñas.

Case 3,8 millóns de euros destinaranse precisamente ás devanditas entidades que, destacou o concelleiro e portavoz do Goberno, desenvolven unha labor inestimable "cunha capacidade de resposta inmediata e unha axilidade á hora de actuar que as Administracións non temos", indicou Lage Tuñas.

O concelleiro anunciou tamén o compromiso do Goberno de Inés Rey de dotar este mesmo ano á cidade dunha Ordenanza Xeral de Subvencións, así como de crear un Plan Estratéxico de Subvencións que regulen e faciliten as relacións entre o Concello e o terceiro sector.

As subvencións aprobadas hoxe, co voto favorable do BNG e sen ningún voto en contra, son, no ámbito social, as máis elevadas da historia do Concello da Coruña, achegas comprometidas polo Goberno municipal como unha ferramenta máis para facer fronte aos efectos da crise.

En total, 37 entidades da cidade reciben este ano máis fondos municipais que o ano pasado. As baixas de crédito por 833.000 euros precisas para financiar ás asociacións proceden, sobre todo, de remanentes obtidos a través da eficiencia nos procedementos de contratación de servizos, adxudicados finalmente por un prezo inferior ao que foron orzamentados e liberando crédito para outros fins.

Os grupos municipais do PP e da Marea Atlántica presentaron 16 emendas minutos antes do pleno, emendas que non foron debatidas porque os servizos municipais non tiveron tempo de fiscalizar as propostas e ante o risco de aprobar contías que non contaran co orzamento suficiente.  José Manuel Lage calificou como "positivo" que se presentaran achegas, e tendeu a man para negociar cos demais grupos, coa marxe suficiente e cos informes necesarios, un novo modificativo. Segundo os informes técnicos solicitados polo goberno antes da sesión plenaria, calquera nova baixa de crédito que se propoña a maiores do modificativo debatido no pleno, ten que ser informada previamente polos servizos para garantir a súa viabilidade e legalidade, motivo polo que non foi posible debater sobre as ditas emendas.

O portavoz do Goberno local lamentou que os dous grupos da oposición non tiveran achegado ningunha das propostas recollidas nas súas emendas durante as negociacións mantidas con todas as partes, ou co tempo suficiente para a súa tramitación, e pregúntase se realmente tiñan vontade de que prosperaran presentándoas minutos antes do pleno e sen marxe para a preceptiva fiscalización. Algunha das suxestións, indicou, incluían baixas de partidas con contratos vixentes, o que é, dixo, manifestamente ilegal.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión