Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

22 de febrero de 2023

O Goberno de Inés Rey aplicará a ampliación do horario a oito horas nas escolas infantís municipais a partir do día 1 de abril

No vixente mandato, o Concello da Coruña foi pioneiro en Galicia na implantación da gratuidade nas escolas infantís municipais, facilitando o acceso de balde ao ensino ás crianzas de ata tres anos de idade

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a modificación de contrato precisa para ampliar a oito horas diarias a atención no servizo da Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM), que entrará en vigor o vindeiro día 1 de abril.

A ampliación a oito horas do horario das Escolas Infantís Municipais foi aprobada no Pleno celebrado a finais do pasado mes de novembro. Posteriormente, a comezos de febreiro, tamén en XGL, acordouse a modificación do regulamento e funcionamento das escolas infantís municipais con vistas á ampliación do horario de atención educativa gratuíta para as familias. 

Hoxe autorizouse o investimento que supón a modificación dos contratos para a prestación do servizo nas instalacións das EIM de Agra do Orzán, O Castrillón, Os Cativos, Os Rosales, Mesoiro-Caracola, Arela, Luis Seoane e Monte Alto. A modificación do contrato supón un incremento do mesmo en 309.057 euros anuais. 

Desta forma, o Goberno de Inés Rey incrementa as prestacións e servizo das escolas que conforman a rede, pasando de seis a oito horas gratuítas. O concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior e voceiro do Goberno municipal, José Manuel Lage, lembrou hoxe que "o Goberno de Inés Rey foi pioneiro en Galicia na implantación da gratuidade nas escolas infantís municipais", facilitando o acceso de balde ao ensino ás crianzas de ata tres anos de idade.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión