Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

24 de febrero de 2021

O Goberno local aproba subvencións a entidades deportivas por un importe de 325.000 euros

Como novidade, valorarase que os solicitantes conten no seu cadro de persoal con persoas con diversidade funcional que traballen na xestión, organización e/ou execución do proxecto para o que se pide a axuda co fin de mellorar o seu acceso ao emprego, entendendo o deporte como unha ferramenta inclusiva

A Xunta de Goberno local sacou adiante hoxe as bases reguladoras da convocatoria pública de concorrencia competitiva das subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a promoción e fomento do deporte cunha cuantía de 325.000 euros, 45.000 euros máis que en 2020. Neste apartado, contémplanse cinco tipos de axudas en función de se o tipo de actividade deportiva implica a participación en competicións nacionais ou é para a práctica en xeral dunha especialidade, as catalogadas dentro de campamentos e campus e mais as relacionadas coa celebración de eventos deportivos. Como novidade, incluiranse partidas para actividades de natureza diversa vencelladas ao deporte como poden ser conferencias, foros, edición de libros, documentais e traballos de investigación.

A alcaldesa, Inés Rey, destacou a importancia de englobar nesta partida todas as iniciativas que supoñan o fomento e a posta en valor da práctica deportiva entre a cidadanía: "A Coruña móvese, é unha cidade que non está parada e como tal necesita eventos, charlas e foros en que compartir a súa afección polo deporte".

Cada entidade poderá pedir até un máximo de tres subvencións, pero en caso de que xa teña adxudicada unha axuda directa por convenio nominativo, as subvencións quedarán condicionadas polo importe dese convenio. Outra das melloras nas axudas convocadas é que se valorará que a entidade solicitante conte no seu cadro de persoal con persoas con discapacidade que traballen na xestión, organización e/ou execución do proxecto para o que se pide a subvención.

Neste senso, a alcaldesa apuntou que Goberno local traballa no fomento do deporte en todas as súas vertentes e que a súa intención é mellorar o acceso ao emprego de persoas con diversidade funcional e entender o deporte como unha ferramenta para a inclusión laboral deste colectivo.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión