Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

3 de marzo de 2021

O Goberno local asegura que a conexión ferroportuaria con Punta Langosteira é indiscutible

Esixe fuxir de posturas partidistas que “pouco favor lles fan” ás solucións que precisa o Porto Villoslada: “Sen a suficiente xenerosidade política non imos conseguir legarlles ás seguintes xeracións un porto competitivo e unha cidade con moito máis futuro”

O Goberno local asegura que as obras para garantir o acceso ferroviario ao Porto exterior son "indiscutibles". Así de contundente se mostrou o concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, durante a sesión plenaria desta mañá. "A alcaldesa e todo o Goberno local e todo o PSOE están a favor da conexión ferroviaria, a favor da solución financeira da Autoridade Portuaria e, sobre todo, a favor dun grande acordo cidadán, político e institucional para transformar a cidade nos novos espazos portuarios", apuntou.

"Ninguén discute a conexión ferroportuaria con Punta Langosteira para a súa plena operatividade, pero esiximos fuxir de posturas partidistas que pouco favor lles fan ás solucións que precisa o porto". Así mesmo, reclamou lealdade institucional, altura de miras e xenerosidade política para poder deixarlles ás futuras xeracións un porto competitivo e unha cidade con máis futuro. "A pesar de todo, estou seguro de que o conseguiremos porque a cidadanía nolo demanda", sentenciou.

O edil socialista defendeu os acordos alcanzados na reunión do 23F, tras 17 anos de "decisións coleando". "Sentaron todas as administracións implicadas e con responsabilidades no desenvolvemento do porto e a transformación da cidade. Ademais, o Ministerio comprometeuse a prorrogar a declaración de impacto ambiental até o 2023 para o enlace ferroviario. Logrouse unha moratoria até 2035 para saldar a débeda da Autoridade Portuaria e estudáronse os mecanismos europeos para poder realizar a solicitude de fondos da UE destinados á conexión ferroviaria, vinculada a un estudo de viabilidade que a AP curiosamente presentou o 19 de febreiro, data en que pide o PP a realización dun Pleno extraordinario".

"O día 23 demos un paso máis que importante para a conexión do tren a Langosteira, na busca de solucións para afrontar a débeda e de cara a articular un mecanismo interinstitucional que sirva para superar os convenios de 2004 con lealdade institucional e unha visión compartida a longo prazo e non curtopracista".

Villoslada lembroulle ao PP que durante os sete anos de mandato de Rajoy en Madrid "non se avanzou nada para solucionar a débeda do tren e a falta de conexión ferroviaria a Punta Langosteira. E botoulle en cara ao grupo Popular a falta de compromiso dos anteriores gobernos conservadores no Estado, xa que o protocolo de 2018 nunca se chegou a plasmar nun convenio que servise de marco xurídico e económico.

"En oito anos (2010-2018) o PP foi incapaz de aprobar un proxecto nin de modificar o pactado en 2004, que non é aplicable. Uns convenios que vinculaban o financiamento do porto á urbanización dos peiraos interiores, que ían ser desafectados, e nos que se incorporaban os intensos parámetros urbanísticos de edificación do PXOM aprobados en 2013, cando gobernaba o PP en María Pita".

Ademais, dirixiuse ao grupo da Marea Atlántica ao que lle reprochou ter sido "ninguneado nos protocolos de 2018 e montar concursos de ideas, algunhas interesantes, pero totalmente inoperantes".

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión