Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

19 de agosto de 2021

O Goberno local e a Marea Atlántica impulsan a creación da Área Metropolitana da Coruña

Acordan presentar o anteproxecto de lei na Comisión Especial da Área Metropolitana no mes de setembro

O voceiro do goberno municipal, José Manuel Lage Tuñas, e a voceira da Marea Atlántica, María García, presentaron esta mañá o acordo para impulsar a Área Metropolitana da Coruña que se concretará coa elaboración dun borrador de anteproxecto de lei que será presentado no mes de setembro diante da Comisión Especial da Área Metropolitana.

O voceiro municipal sinalou que o acordo de hoxe se enmarca no proceso de diálogo aberto coa Marea Atlántica para avanzar nos acordos establecidos dende o ano 2019 e destacou que xa se deu un paso importante neste eido co compromiso de recuperar os Orzamentos Participativos para o ano 2022.

Lage Tuñas lembrou que con este acordo cúmprese o mandato do Pleno da Corporación do 3 de outubro de 2019 que contou cos votos a favor de PSOE, Marea, BNG e Cidadáns e a abstención do Partido Popular e puxo de manifesto que todos os grupos terán ocasión de retratarse de novo con este anteproxecto.

Ambos os portavoces sinalaron que o borrador que se presentará na Comisión estará aberto ás achegas dos restantes grupos políticos municipais e tamén contará coas ditas achegas dos concellos da Área Metropolitana que queiran cooperar no documento.

A voceira da Marea Atlántica, María García, subliñou que a proposta será remitida á Xunta de Galicia e ao Parlamento Galego, que son os responsables de elaborar e aprobar a lei para a súa posta en marcha no mes de outubro.

Pola súa banda, o voceiro do Goberno local destacou que a proposta sexa ben recibida pola Xunta, xa que é unha oportunidade "para saldar a débeda histórica que o Goberno galego ten coa Coruña e a súa área en canto a investimentos". Manifestou tamén que con esta iniciativa o Executivo local responde á vontade expresa da alcaldesa, Inés Rey, quen considera que "A Coruña e a súa contorna teñen que ser tidas en conta polo Goberno galego".

Lage subliñou que espera que a Xunta saia da súa pasividade e que non paralice unha iniciativa que é unha necesidade para toda a contorna coruñesa que mellorará a calidade de vida de preto de medio millón de persoas.

A creación da Área Metropolitana ten como principais obxectivos fortalecer as infraestruturas de comunicación e transporte, o correcto desenvolvemento urbanístico do territorio e xestionar de forma coordinada diferentes servizos públicos co fin de evitar desigualdades e propiciar un espazo urbano potente e competitivo.

Ambos os voceiros destacaron que neste momento a área non conta cunha rede de transporte público adecuada ás necesidades do territorio, o que impide e dificulta o desenvolvemento económico de toda a área. Non existe unha xestión común de servizos básicos; recursos hidrográficos, tratamento de residuos ou, mesmo, servizos de emerxencia social.

Lage Tuñas destacou a necesidade da creación desa entidade metropolitana para "actuar sobre novos obxectivos, resolver os problemas existentes e ofrecer propostas alternativas para conseguir unha área urbana máis moderna, solidaria, sostible e potente en termos económicos".

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión