Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

29 de abril de 2020

O Goberno local proponlle á Comisión de Economía e Facenda reorientar un máximo de 13 millóns de euros do orzamento para os destinar ao PRESCO

O executivo local anunciou hoxe que adiantará até un máximo do 90% do pagamento das subvencións concedidas vía convenio ou vía convocatoria ás entidades sociais, sociosanitarias, culturais e deportivas que precisan que se lles adianten fondos para poderen manter a súa actividade

Esta mañá tivo lugar a segunda Comisión de Economía e Facenda para abordar o Plan de reactivación económica e social da Coruña (PRESCO), en que participaron o voceiro do Goberno local, José Manuel Lage, o voceiro do BNG, Francisco Jorquera, a concelleira do Partido Popular, Rosa Gallego, a voceira de Cidadáns, Mónica Martínez, e o concelleiro da Marea Atlántica, Iago Martínez.

O Goberno local presentou na comisión un documento base, cunha proposta de mínimos, aberta para negociar co resto dos grupos políticos municipais, e en que destaca a reorientación dunha partida de 13 millóns de euros do orzamento actual que sería destinada ao PRESCO, ademais de recoller a inclusión de 41 millóns de euros para impulsar os investimentos en obras, equipamentos e infraestruturas.

O executivo local prevé reorientar a metade desta contía (entre 6 e 7 millóns de euros) a reforzar os programas de políticas sociais, baixo o termo "Coruña Solidaria". Ademais, poderían dedicarse entre 5 e 7 millóns de euros para apoiar as autónomas e os autónomos, as pemes, o comercio, a hostalaría e a industria cultural, e tamén se poderían destinar ás políticas de formación e inserción laboral.

Neste sentido, José Manuel Lage explicou que "esta é unha proposta de mínimos; a partir de agora, haberá reunións bilaterais co resto dos grupos municipais para perfilar as liñas de actuación e concretar os programas que se incluirían nos tres grandes eixes de actuación do PRESCO".

Adianto do 90% dos convenios das entidades sociais

Outro dos eixes principais do documento que hoxe se presentou reflicte o adianto dun máximo do 90% das contías das subvencións e convenios nominativos das entidades sociais, sociosanitarias, culturais e deportivas que precisan que se lles adianten fondos para poderen manter a súa actividade. 

Esta decisión do Goberno local responde ás peticións feitas por diferentes entidades sociais, que necesitan liquidez para poderen afrontar os vindeiros meses. "Somos conscientes de que moitas entidades están realizando un grande esforzo e precisan que se lle adianten os fondos municipais que temos previsto outorgarlles en 2020; por iso imos adiantarlles até un máximo do 90% da contía dos convenios", sinala Lage Tuñas.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión