Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

7 de agosto de 2021

O Goberno local recuperará os Orzamentos participativos para o exercicio 2022

O borrador das contas contemplará unha cantidade de 2,5 millóns de euros para os Orzamentos participativos.

O executivo local ten previsto recuperar a convocatoria dos Orzamentos participativos para o vindeiro ano 2022. A recuperación desta partida enmárcase no diálogo aberto entre o Goberno local e o grupo da Marea Atlántica para a negociación das ordenanzas fiscais do 2022, os novos investimentos e os Orzamentos municipais do ano 2022.

O concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior e voceiro do Goberno Local, José Manuel Lage, indicou que a intención "é destinar preto do 1% do futuro Orzamento municipal a investimentos e programas propostos directamente pola cidadanía".

"Somos conscientes de que queda pouco tempo para facer un proceso participativo amplo, pero entendiamos que era mellor iso que renunciar a este procedemento de participación cidadá nos Orzamentos municipais",  explicou Lage Tuñas.

"As fases de participación e votación dos proxectos serán curtas porque o calendario condiciónanos, mais aínda así merecerá a pena o esforzo", indicou.

Diálogo coa Marea Atlántica

"Na instrución para a elaboración do borrador dos Orzamentos incluímos esta partida de 2,5 millóns de euros destinada a recuperar os Orzamentos participativos, froito do diálogo aberto co grupo da Marea Atlántica para negociar novos investimentos, ordenanzas fiscais e os Orzamentos municipais do ano 2022", aclarou Lage Tuñas.

"É un primeiro paso, froito do diálogo con Marea. Agardo que a vontade expresada por Marea Atlántica de ser construtivos permita chegar a acordos que beneficien á cidadanía en diferentes ámbitos" manifestou Lage.

"Unha das propostas que trasladou a Marea Atlántica para abrir as negociacións era acordar a recuperación dos Orzamentos participativos. Nesa liña traballamos contrarreloxo porque queda pouco tempo e somos conscientes de que as fases serán curtas" afirmou o portavoz do Goberno local.

Dende o executivo que preside Inés Rey seguirán co diálogo aberto coa Marea Atlántica "sendo conscientes -indicou Lage Tuñas- de que somos grupos diferentes e que nalgúns temas hai coincidencias e noutros evidentes desacordos, pero coa vontade de chegar a acordos progresistas beneficiosos para a nosa cidade".

Lage Tuñas, como portavoz do Goberno, manterá novos encontros coa Marea Atlántica ao longo do mes de agosto para "seguir traballando en posibles acordos".

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión