Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

1 de febrero de 2023

O Goberno municipal dá luz verde ás axudas para asociacións veciñais, entidades sociais e actividades en materia de igualdade

A Xunta de Goberno Local aprobou este mércores un investimento de 310.000 euros para estas tres liñas de subvenciones, de cara a este exercicio anual

Este mércores, a Xunta de Goberno Local autorizou un investimento de 310.000 euros que irán destinados a apoiar ás asociacións veciñais e entidades sociais sen ánimo de lucro na cidade, así como as actividades de interese social en materia de igualdade.

Neste sentido, a Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Participación Cidadá apoiará con 150.000 euros as actividades de interese social en materia de igualdade e diversidade, a través de dúas liñas de actuación: a primeira, co obxectivo de contribuír ao fortalecemento e empoderamento do movemento asociativo coruñés, con 90.000 euros; e a segunda, orientada a reforzar a prevención das violencias machistas e a atención ás víctimas, tamén ao incremento das accións de promoción da igualdade de xénero, liña que estará dotada especificamente con 60.000 euros de investimento.

A alcaldesa, Inés Rey, destacou o compromiso do Goberno municipal "coa igualdade entre homes e mulleres". "Neste mandato apostamos por iniciativas como a posta en marcha dos puntos violeta, que xa no ano pasado ofreceron información e atención á cidadanía ante posibles actos de violencia machista, especialmente no contexto de grandes eventos que se celebraron na cidade", apuntou.

As bases de financiación aprobadas hoxe abranguen, ademais, outros 100.000 euros en axudas ás entidades sociais sen ánimo de lucro da Coruña, susceptibles de empregarse en proxectos de reinserción social e a prestación de servizos sociais para a cidadanía. "Compartimos un obxectivo común coas entidades: estar aí para axudar ás coruñesas e coruñeses que o precisen. E seguiremos reforzando esta liña de traballo", recalcou Inés Rey.

En paralelo, aprobouse unha terceira liña de axudas para apoiar ás asociacións veciñais da Coruña no referente aos gastos de funcionamento e tamén co obxectivo de contribuír á dinamización das súas actividades de interese cívico, social e cultural. "Entendemos que as asociacións son fundamentais para ter un termómetro real das necesidades da cidadanía, e tamén son esenciais no proceso de escoita e búsqueda de solucións para coa veciñanza. Neste exercicio, axudaremos a sufragar as súas necesidades cun investimento total de 60.000 euros", anunciou a alcaldesa.

As solicitudes de subvención poderán presentarse a través da sede electrónica do Concello, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria do Boletín Oficial da Provincia (BOP).

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión