Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

8 de enero de 2025

O Goberno municipal presentará os Orzamentos do 2025 antes do fin de xaneiro

A alcaldesa, Inés Rey, apuntou que as contas previstas de cara a este exercicio “terán un contido eminentemente social e estarán deseñadas para afondar no crecemento da Coruña”

A alcaldesa, Inés Rey, informou hoxe de que o Goberno municipal presentará os orzamentos deste ano 2025 antes de finais deste mes de xaneiro.

Así o expuxo a rexedora esta mañá na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno Local, apuntando que as contas de cara a este exercicio "terán un contido eminentemente social e estaran deseñadas para afondar no crecemento da Coruña, con melloras en todos en cada un dos barrios da cidade, recollendo tamén os compromisos adquiridos en diversas intervencións interadministrativas, desde o Novo CHUAC á estación intermodal".

Rey confirmou, ademais, que os orzamentos municipais incluirán os recursos necesarios para facer fronte a investimentos, servizos e convenios nominativos, ademais de permitir abordar "retos fundamentais para o futuro da cidade.

A rexedora enumerou tamén algúns dos grandes retos do Concello para este ano, como a posta en marcha da AESIA, a adecuación do estadio municipal de Riazor e da propia cidade para acoller o Mundial 2030 ou a definición do proxecto Coruña Marítima".

A creación de vivenda pública, unha prioridade 

A alcaldesa avanzou hoxe que nos vindeiros días arrincarán as obras de construción dun novo edificio no barrio de Xuxán que estará destinado a alugueiro social. Estará situado na parcela Z-37, unha superficie de titularidade municipal na que se habilitarán medio cento de vivendas. Os traballos, que acometerá a empresa Citanias, teñen un prazo de execución de 24 meses. O investimento previsto polo Concello é de 10,2 millóns, dos que 2,4 son procedentes de fondos Next Generation, unha quinta parte do total.

Ao medio cento de vivendas municipais previstas en Xuxán sumarase unha bolsa de case un milleiro de VPO en Visma, onde continúan as obras de urbanización en Visma.

"Ademais, este ano avanzaremos na regulación do mercado, tanto a través da ordenanza das vivendas turísticas como a través da solicitude á Xunta de declaración de mercado tensionado", explicou Rey.

2025: O ano da remodelación dos Cantóns e Alfonso Molina

A alcaldesa apuntou que, entre os principais retos deste ano na cidade, estarán as remodelacións dos Cantóns e da avenida Alfonso Molina.

A primeira das intervencións, que supón a fase cero do plan de integración da fachada marítima na paisaxe da cidade, comezará nestes primeiros meses de 2025, coas obras xa adxudicadas á UTE integrada polas empresas Abeconsa e Canarga. O investimento do Concello será superior aos seis millóns de euros.

Ademais, tamén nos vindeiros meses xa serán visibles as obras sobre a estrada de Alfonso Molina, unha actuación na que o Ministerio de Transportes e o Concello colaboran de forma conxunta co obxectivo de ampliar a avenida, "modernizando, actualizando e adaptando unha das principais portas de acceso do tráfico rodado á cidade", apuntou Inés Rey.

A Sagrada Familia, protagonista no plan de impulso aos barrios previsto este ano

Na súa comparecencia desta mañá, a alcaldesa tamén subliñou que os investimentos nos barrios da cidade serán clave nos orzamentos municipais. Á conclusión das obras de renovación do mercado de Monte Alto, previstas no terceiro trimestre deste ano, súmanse máis dunha ducia de actuacións cofinanciadas con fondos Next Generation que se están levando a cabo en puntos como a Agra do Orzán, o Castrillón, a Falperra, Os Mallos, Elviña, Barrio das Flores e tamén Monte Alto, entre outros distritos.

"A todas elas sumarase tamén a humanización do primeiro treito da rúa Sagrada Familia, que pasará a formar parte da Rolda Peonil en dirección á Agra do Orzán", explicou Rey, que lembrou que esta iniciativa dá continuidade a outras xa executadas no pasado mandato en rúas como Alcalde Marchesi e Ramón Cabanillas.

BiciCoruña afrontará este ano a súa segunda fase de expansión

Noutra orde de asuntos, o Concello reforzará este ano a aposta pola mobilidade sostible, co impulso da segunda fase de expansión de BiciCoruña.

"Hai uns días informamos sobre o balance anual correspondente ao 2024, que amosou, unha vez máis, que a renovación do servizo que completamos hai ano e medio foi un éxito e que, exercicio tras exercicio, seguimos a bater récords de usos. No 2024 foron máis de 1,3 millóns", lembrou a alcaldesa, que apuntou, en todo caso, "á importancia de ir máis alá dos números e planificar a medio e longo prazo, para atender ás necesidades das persoas usuarias".

"Hai demanda de máis bases tanto nos barrios como en enclaves específicos onde o número de usos é mais elevado. Así o reflicten os datos que recollemos en puntos do centro da cidade e na Casa da Auga, por exemplo. Tamén sabemos que hai demanda de máis bicicletas, especialmente de unidades eléctricas. Pouco a pouco, iremos ampliando a frota existente e tamén o número de bases, que como informamos meses atrás, prevemos ir incrementando progresivamente das 49 actuais ata un total de 85", explicou esta mañá.

O ano de impulso á AESIA e a Cidade das TIC

Inés Rey tamén subliñou que, no ano 2025, A Coruña asistirá ao despegue definitivo da cidade en materia de innovación. "Á posta en marcha da AESIA, que neste exercicio xa estará a pleno rendemento, sumaremos o pulo que, pouco a pouco, estár a experimentar a Cidade das TIC, onde estamos a avanzar na súa consolidación cun investimento de máis de 3 millóns de euros e a próxima constitución da súa sociedade xestora", indicou.

O Mundial 2030: Un reto que vai máis alá de Riazor

Por outra banda, a alcaldesa destacou que o 2025 "será o ano de comezar a dar resposta ás futuras necesidades da cidade con vistas ao Mundial 2030".

"Sabemos que o punto de mira das coruñesas e coruñeses estará posto na futura renovación do estadio municipal de Riazor. E é lóxico que así sexa porque é un dos nosos emblemas como cidade, mais a rehabilitación e ampliación do seu aforo só é unha parte dun plan de actuacións moito máis amplo, porque o Mundial será unha grande oportunidade para modernizar as nosas infraestruturas e medios de transporte, tamén para dar un pulo á nosa economía e, en definitiva, avanzar na modernización da Coruña. Paso a paso, tanto neste exercicio como nos seguintes, iremos afrontando estes retos no seu conxunto, cunha perspectiva a medio e longo prazo pensando na cidade que queremos de cara ao futuro", razoou.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión