Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

4 de noviembre de 2020

O IMCE devolverá o importe dos espectáculos programados nun mes en adiante desde o venres

Para cumprir coa nova normativa anunciada hoxe pola Xunta, o Concello reactivará a venda de localidades para estas citas coa capacidade permitida neste período que é de 30 asistentes

En cumprimento da nova normativa anunciada hoxe pola Xunta de Galicia e con efectividade desde este venres, os recintos culturais municipais -Centro Ágora, Coliséum, Fórum Metropolitano, Teatro Colón e Teatro Rosalía Castro- devolverán a totalidade das entradas para os espectáculos previstos nun mes en adiante desde o día 6. A venda das localidades para estas citas reactivarase coa capacidade máxima permitida de 30 asentos. En todo caso, manteranse os descontos fixados de antemán e o importe dos tickets devolverase a través da canle pola que foron adquiridos.

En concreto, o espectáculo afectado para esta primeira fin de semana é "Shock, el cóndor y el puma", previsto para os días 6 e 7, ás 19.30 horas, no Teatro Rosalía Castro, dentro da programación do Ciclo Principal de Outono 2020.

Aviso importante: os cambios nas demais montaxes comunicaranse puntualmente a partir da vindeira semana.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión