Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

10 de enero de 2026

O luns 19 abre o prazo para participar nas III Xornadas de Orientación Artística e Profesional

O Concello organiza este encontro para dar a coñecer a oferta de Formación Profesional da cidade os días 23, 24 e 25 de febreiro e 2 de marzo

Este vindeiro luns, 19 de xaneiro, ábrese o prazo de inscrición das III Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP) 2026 para o alumnado dos centros da Coruña e o luns 26 para os centros de fóra da cidade. As persoas e centros interesados poderán formalizar a súa participación ata o venres 6 de febreiro.

O Concello da Coruña, en colaboración os centros públicos de Formación Profesional da cidade e a EASD Pablo Picasso e a EASD Mestre Mateo de Santiago, pon en marcha por terceiro ano consecutivo esta iniciativa, que se celebrará os días 23, 24, 25 de febreiro e 2 de marzo. "Con esta iniciativa, cumplimos unha das premisas educativas marcadas pola nosa alcaldesa, Inés Rey, que é a celebración de encontros que promovan sinerxías entre alumnado e centros co obxectivo de mellorar a formación da mocidade coruñesa", indicou Juan Ignacio Borrego, concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica.

O obxecto das xornadas é dar a coñecer aos estudantes de secundaria a oferta e as novidades dos ciclos formativos de FP, das ensinanzas artísticas profesionais e dos estudos Superiores de Deseño na Coruña para o próximo curso 2026/2027, sendo os principais destinatarios o alumnado de bacharelato, dos últimos cursos da ESO e de FP de graos medio e básico; así como a oferta de FP Básica, para alumnado con dificultades de acadar o graduado escolar e o público en xeral.

A solicitude en liña faina directamente a persoa interesada en acudir ás xornadas a través desta ficha de inscrición, ou do código QR que aparece no cartel das Xornadas, indicando o centro educativo no que está matriculada, as visitas e charlas ás que quere acudir (identificadas por un código numérico), así como os seus datos persoais.

Pódese consultar o folleto informativo e o cartel desta convocatoria, na páxina educativa municipal:  III Jornadas de Orientación Artística y Profesional (XOAP 2026) Os días previos ás Xornadas publicarase a guía "TI ELIXES 2026", con información actualizada sobre centros e estudos de FP e universitarios, bolsas de estudos e recursos de búsqueda de emprego, elaborada polo Centro Municipal de Información Xuvenil.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión