Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

1 de abril de 2023

O Mercado de Elviña celebra a ocupación do 100% dos postos con actividades musicais e talleres

Diana Sobral: “Isto pon de manifesto que o comercio local da Coruña está máis vivo ca nunca e que os esforzos realizados por este Goberno están a dar os seus froitos”

O Mercado de Elviña celebrou esta mañá a ocupación do 100% dos seus postos, con actividades musicais, talleres de cociña e regalos. A concelleira de Consumo, Mercados e Barrios, Diana Sobral, achegouse ata o Mercado para celebrar cos praceiros e praceiras. "Isto pon de manifesto que o comercio local da Coruña está máis vivo ca nunca e que os esforzos realizados por este Goberno están a dar os seus froitos" sinalou a concelleira. 

Este mesmo ano abriuse o mercado de Durmideiras, totalmente renovado tras un investimento de 1,5 millóns de euros e que conta tamén co total da ocupación. Un investimento que se suma á reurbanización da contorna de San Agustín por 619.000 euros e que permite a ocupación dos postos exteriores, algúns xa adxudicados, xunto coa renovación completa do Mercado de Monte Alto por 10,4 millóns de euros. "Temos aberto ademais o concurso de ideas de Santa Lucía, unha demanda histórica da veciñanza e que demostra a aposta da nosa alcaldesa, Inés Rey, polos mercados municipais e o pequeno comercio" subliñou Sobral.

Esta é a primeira vez na que o Mercado de Elviña está ao total da súa ocupación, que conta con 56 postos en funcionamento e arredor dunhas 80 persoas empregadas en total. É ademais o único mercado municipal de Galicia destas características que conta coa totalidade das localizacións en funcionamento. "Un motivo de celebración que hoxe compartimos cos praceiros e praceiras de Elviña así como coa veciñanza do barrio" concluíu.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión