Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

19 de mayo de 2022

O Mercado do Proxecto Semente regresa a María Pita coa participación de 400 estudantes de oito centros educativos da Coruña

As persoas participantes amosarán os proxectos nos que levan traballando durante todo o curso nesta iniciativa organizada polo Concello desde o 2008

A praza de María Pita volverá acoller este venres, 20 de maio, o Mercado do Proxecto Semente, unha iniciativa organizada polo Concello da Coruña a través da concellaría de Educación. Está prevista a participación de 400 alumnos e alumnos de terceiro a sexto de Educación Primaria e alumnado de Educación Especial. Haberá representación de oito centros escolares e un total de 17 cooperativas creadas para esta edición do proxecto.

Semente é un dos programas más lonxevos que promove o Concello, comezando no ano 2008 co obxectivo de fomentar valores de emprendemento e cooperación entre a mocidade, ademais de introducilos no coñecemento do comercio xusto e da economía social. Durante o curso, cada grupo participante, configurado como unha cooperativa, creou unha empresa e un produto. Desde o seu inicio participaron en Semente máis de 4.000 nenos e nenas e quedaron constituídas 203 cooperativas.

O proxecto organízase en dúas fases. A primeira celébrase nos centros e consiste nun período de formación das cooperativas e de traballos manuais, que contan con persoal relacionado coas materias. Lévanse a cabo un total de cinco sesións: cooperativismo, constitución da empresa, imaxe corporativa, etiquetado e envasado, e venda e resultados. Ademais, hai outras catro sesións para elaborar os produtos.

Unha vez rematada esta primeira fase, comeza a preparación do Mercado. Este ano, as persoas participantes solicitaron a súa licenza no salón de plenos do Concello o 28 de abril, un acto que busca dar un maior realismo ao programa. O proxecto remata coa gran celebración deste venres na praza de María Pita, onde as cooperativas poderán vender os seus produtos entre as 16.30 e as 20.30 horas. Ás sete da tarde terá lugar a entrega de premios, que consistirá nun galardón ao centro máis implicado, cun cheque de 300 euros para gastos en material escolar e dous premios ás mellores cooperativas, coa entrega do xogo 'Ruta de Galicia'. O mercado, aberto á cidadanía, contará con música, animación, merendas e agasallos.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión