Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

28 de abril de 2021

O mes das letras galegas iníciase no Teatro Colón con Jazzliza, en que a Big Band do Conservatorio musicará poemas desde Afonso X a Xela Arias

O tenente de alcaldesa, Juan Ignacio Borrego, destacou que a cita do día 6, ás 20.00 horas, afástase dos formatos convencionais para facer soar a mellor poesía do país a golpe de jazz, interpretada por artistas referentes, todo nunha mesma tarde-noite en que se recordará a xeración Nós e clásicos de Curros ou Celso Emilio, renovados polo alumnado do Conservatorio Profesional da Coruña

O tenente de alcaldesa, Juan Ignacio Borrego, participou esta mañá na presentación de "Jazzliza: a nosa voz de sempre nas nosas voces de hoxe. De Afonso X a Xela Arias", que se poderá desfrutar o 6 de maio, ás 20.00 horas, no Teatro Colón. O edil explicou que esta iniciativa patrocinada polo Concello afástase de formatos convencionais para alimentar a alma desde novas fórmulas coas que sorprender o público, en concreto, cunha antoloxía poética que vai desde Afonso X até Xela Arias, musicada pola Big Band do Conservatorio Profesional de Música da Coruña e interpretada por voces como Xurxo Souto, Carmen Rey ou Bea García, entre outras/os.

Borrego destacou que na mesma tarde-noite, as espectadoras e espectadores poderán desfrutar dunha viaxe polo tempo que "nos permitirá recordar a xeración Nós e revisar clásicos como 'Unha noite na eira do trigo' ou 'Negra sombra' con novas partituras distintas ás de Chané e Xoán Montes. Ademais, desempoaremos obras de Baldo Martínez e do propio Conde para desfrutarmos daquel proxecto que pensaron xuntos Xela e mais el e anticipármonos así á celebración do Día das Letras Galegas".

Neste aspecto, recalcou que a cidade iniciará o mes das letras con este concerto tan especial nun escenario, en que se celebrarán este venres os 40 anos do Jazz Filloa co directo de Clunia e que acollerá, en maio, un ciclo dedicado ao jazz galego: "O xénero ten acubillo na Coruña, o jazz respírase na cidade en locais pequenos onde reside a esencia e nos grandes que lle dan envoltura".

Por outra banda, o concelleiro deulle os parabéns ao profesor Alberto Conde polas súas ganas de ensinar e compartir ao lle propor ao seu alumnado que musicara estes versos e "o que ía ser un traballo de fin de grao será finalmente un espectáculo suxestivo e motivador para todas/os elas/es e para todas e todos nós". Desde este Concello, asegurou Borrego, non deixaremos de programar eventos senlleiros como Jazzliza para que as creadoras e creadores se empapen os uns dos outros e que os asistentes "levemos para a casa sesións únicas e inesquecibles".

As entradas para ver este recital poético-musical poden adquirirse a través de https://corunacultura.sacatuentrada.es/, desde os 7,50 euros, con descontos habituais para persoas desempregadas, portadoras/es do carné xove e maiores de 65 anos.

No acto estiveron tamén presentes Gonzalo Trenor, delegado territorial da Xunta; Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, a poeta Ánxeles Penas, a cantante Carmen Rey, e Luis Gustavo Cuntín Docampo, o produtor executivo de Jazzliza.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión