Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

9 de diciembre de 2025

O musical ‘Mamma mia!’ chega á Coruña do 16 ao 26 de xullo

O espectáculo, cuxas entradas saen hoxe á venda, acumula máis de 800.000 espectadores en tres temporadas na Gran Vía de Madrid

O musical 'Mamma mia!' fará parada na súa xira na Coruña do 16 ao 26 de xullo. O Palacio da Ópera será o escenario onde se poderá gozar desta nova produción do musical máis exitoso da historia. As entradas para as diferentes funcións poderán mercarse desde hoxe en Ataquilla.

"Desde o Goberno de Inés Rey buscamos fomentar a representación na cidade de grandes espectáculos musicais, un xénero cuxas producións máis importantes nunca tiveron unha presenza moi destacada en Galicia", indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo. Esta nova versión de 'Mamma mia!', o musical que recolle as mellores cancións de ABBA, conta cunha espectacular escenografía, vestiario e coreografías orixinais, sumados a letras e arranxos musicais renovados.

Sobre o escenario estarán Donna, Tania, Rossie, Sophie, Sky, os tres posibles pais e os 27 integrantes da historia orixinal do musicais máis visto e popular da historia. Neste caso, esta nova versión leva tres temporadas no teatro Rialto da Gran Vía de Madrid, onde vendeu máis de 800.000 entradas.

25 anos despois da súa estrea en Londres, 'Mamma mia!' segue sendo un dos fenómenos teatrais máis grandes que se viron. 'Mamma mia!' foi traducido a máis de 15 idiomas e aplaudido por máis de 70 millóns de espectadores en todo o mundo. Foi ademais levado ao cinema, converténdose nunha das películas máis taquilleras de todos os tempos. En España o éxito do musical tamén foi rotundo desde a súa estrea en 2004, cuxa primeira produción foi vista por máis de 2 millóns de espectadores durante as máis de 2.000 representacións que levaron a cabo. Tras 20 anos triunfando nos seus 3 distintas producións, 'Mamma mia!' converteuse no musical de maior percorrido na historia de España.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión