Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

30 de mayo de 2023

O novo equipo de drons exhíbese en María Pita no Día da Policía Local

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu o acto de entrega de distincións a axentes e mandos: “Enfrentámonos a novos retos como sociedade que requiren que contemos cun corpo de policía forte, implicado e máis alerta e coordinado que nunca”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presidiu esta mañá a celebración da festividade da Policía Local, un acto que se desenvolveu no Pazo Municipal e na praza de María Pita. A rexedora estivo acompañada polo presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Gómez y Díaz Castroverde, a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas López, o delegado de Defensa en Galicia, Antonio Bernal Martín e o director xeral de emerxencias e interior da Xunta, Santiago Villanueva Álvarez. Tamén participaron no acto o concelleiro de Seguridade Cidadá, Juan Ignacio Borrego, o director da área de Seguridade Cidadá, Carlos García Touriñán e o xefe accidental da Policía Local, José Antonio Brandariz.

A alcaldesa agradeceu o traballo levado a cabo polos axentes da Policía Local durante o último ano: "Hoxe é un día de homenaxe á Policía Local, e por extensión a todos os corpos e forzas de seguridade do Estado, un día de homenaxe á imprescindible labor que, como colectivo e individualmente todos e cada un de vós, realizades en beneficio dos cidadáns e das cidadás da Coruña". No salón de sesións entregáronse medallas e diplomas aos e ás axentes que levan 20, 30, 35 e 40 anos de servizo. Tamén se lle rendeu unha homenaxe aos policías xubilados no ano 2022 coa distinción de policías honoríficos. Levouse a cabo tamén unha entrega de felicitacións públicas polo apoio á Policía Local e de distincións a axentes pola súa traxectoria exemplar.

"Enfrentámonos a novos retos como sociedade que requiren que contemos cun corpo de policía forte, implicado e máis alerta e coordinado que nunca co resto de corpos de seguridade do Estado", sinalou a alcaldesa. Baixo diferentes denominacións, a Policía Local da Coruña traballa desde 1846 ao servizo da seguridade colectiva. "Son moitas as xeracións de policías locais que teñen dedicado a súa vida a unha das tarefas máis nobres que existen, a de salvagardar a convivencia, a seguridade e a tranquilidade dos cidadáns e cidadás", apuntou a rexedora.

Ao remate do acto, levouse a cabo unha exhibición na praza de María Pita do novo equipo de drons da Policía Local. Estes medios entrarán en servizo na próxima noite de San Xoán, sobrevoando as praias de Riazor e Orzán para detectar de maneira inmediata posibles incidencias que requiran da intervención dos corpos de seguridade. "Hoxe o noso corpo conta con máis melloras medios grazas a estes drons que vos axudarán a desenvolver o voso traballo con maior precisión", engadiu Inés Rey, que tamén lembrou o reforzo da Policía Local coa convocatoria de 94 novas prazas neste mandato.

Listaxe de premiados

Medalla e diploma á permanencia no servizo por 20 anos:

Oficial Javier Martínez Suarez

Oficial Lorena Ponte Saavedra

Policía Antonio Cardezo Añon

Policía Juan Fernández Vázquez

Policía Arisleyda Lendoiro Santos

Policía Miguel Ángel Navaza López

Policía Juan Manuel Otero Couceiro

Policía Marcos Sánchez Ramos

Medalla e diploma á permanencia no servizo por 30 anos:

Intendente José Manuel Rico Rodríguez

Oficial José Manuel Cacheiro Calviño

Oficial Silvia Castro Rodríguez

Oficial David Patiño Pedreira

Policía D. Manuel Ángel Aboal Seijas

Policía Juan Bellagona Martínez

Policía José Santiago Bernal Martin

Policía Carlos Calvo Otero

Policía José Manuel Ferreira Abelleira

Javier Fontenla Borrazás

Policía Manuel Freire Bazarra

Policía Santiago García Rial

Policía José Luis Iglesias Varela

Policía Fernando Lamela Paz

Policía Alfonso Joaquín Mallo Abreu

Policía Jorge Alberto Pazos Miser

Policía Jose Manuel Penas Pérez

Policía Carlos Ponte Rodríguez

Policía Jose Manuel Queijas Pallas

Policía Adolfo Regueiro Iglesias

Policía Jesús Rial San Isidro

Policía Carmen Rodríguez García

Policía Carlos Rodríguez Vilabrille

Policía Eduardo Manuel Soto Vilar

Policía Francisco Varela Barizo

Policía José Ángel Villar García

Medalla e diploma á permanencia no servizo por 35 anos:

Policía Juan Luis Naya Iglesias

Policía José Manuel Fernández Rodríguez

Medalla e diploma á permanencia no servizo por 40 anos:

Inspector Principal Joaquín Ponte Pérez

Policía José Manuel Loureiro Ventureira

Homenaxe aos policías locais xubilados no ano 2022 coa distinción de policías honoríficos:

Inspector José Manuel López Vázquez

Inspector Santiago Pérez Arias

Oficial José Ramón Castro Rodríguez

Oficial Victoriano Pardo Fariñas

Policía María Isabel Morano Santiso

Policía Vicente Coya Rodríguez

Policía luís Ernesto Brañas Fernández

Policía Jose Manuel Rumbo Domínguez

Policía Juan Carlos Naveira Seoane

Policía Manuel Angel Aboal Seijas

Policía Juan Manuel Fernández Rodríguez

Policía Juan Daniel Dequidt López

Policía Jose Manuel Loureiro Ventureira

Medalla e diploma de felicitacións públicas:

Don Fernando Suanzes Pérez, Fiscal Superior da Fiscalía da Comunidad Autónoma de Galicia.

Dona Nuria Esther Palacios Ibán, Inspectora Xefe de Policía Nacional (Xefe Sección Operativa UDYCO da Brigada Provincial de Policía Xudicial).

Don Miguel Soldán Lema, Capitán da Garda Civil (Xefe do Subsector da Agrupación de Tráfico da Garda Civil da provincia de A Coruña).

Don Jesús Méndez Rodríguez, Inspector da Policía Nacional. Xefe do Grupo de Atención ao Cidadán da Brigada Provincial de Seguridade Cidadá de A Coruña.

Don Fernando Míguez Eirín, Profesor-Instructor de Educación Física e Defensa Persoal Policial da Policía Local de A Coruña.

Medalla e diploma pola traxectoria profesional exemplar a axentes do corpo da Policía Local:

Policía Juan José Bellagona Martinez

Policía Susana Catalan Morcillo

Policía José Manuel Ferreira Abelleira

Policía Guillermo García Rial

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión