18 de octubre de 2022
Grazas á colaboración con HM Hospitales, as e os traballadoras de SETEX-APARKISA recibirán formación para responder a emerxencias sanitarias na vía pública
O Concello da Coruña, a través da súa Concellería de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, formará nos vindeiros meses o persoal traballador da ORA en reanimación cardiopulmonar (RCP) e primeiros auxilios. Grazas ao acordo acadado con HM Hospitales, as/os 30 traballadoras/es de SETEX-APARKISA recibirán formación de profesionais sanitarios.
A iniciativa foi presentada hoxe polo concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, Francisco Díaz Gallego, que estivo acompañado por Pilar Múgica, directora médica de HM Hospitales en Galicia. Tamén asistiron José Luis Molinero, director de delegacións de SETEX-APARKISA, e Ana Trabada, xerente da delegación da Coruña de SETEX-APARKISA. "Temos a necesidade de facer chegar a toda a sociedade técnicas e formación sanitaria que salven vidas. Todo o persoal traballador da Administración debe estar preparado para calquera circunstancia de emerxencia", sinalou Díaz Gallego, que agradeceu a colaboración de HM Hospitales para levar a cabo o proxecto.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible