10 de octubre de 2025
Celebrarase o vindeiro xoves 16 baixo o título ‘Clementina e os Planetas’
A astrofísica Sara Cazzoli ofrecerá o vindeiro xoves 16 de outubro ás 19.30 horas a charla divulgativa titulada 'Clementina e os Planetas'. "Desde o Goberno de Inés Rey continuamos complementando a programación dos Museos Científicos con eventos de gran valor divulgativo como este", indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.
Nesta charla, Sara Cazzoli, investigadora do Instituto de Astrofísica de Andalucía-CSIC, falará sobre os resultados da misión Rosetta e sobre a prospectiva de futuras misións como a Solar Orbiter, así como do "zoo" de exoplanetas que se coñecen e dos resultados máis recentes nesa liña de investigación.
Sara Cazzoli é doutora en Astrofísica pola Universidad Autónoma de Madrid. Actualmente é investigadora no IAA-CSIC. A súa liña de investigación é a evolución das galaxias cun enfoque especial nas galaxias activas a través da análise de cubos de datos obtidos coa técnica de espectroscopia de campo integral.
Participa activamente na Unión Astronómica Internacional (grupo de traballo equidade e inclusión), a Sociedade Española de Astronomía (SEA) e na Asociación de Mujeres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT).
Dedícase á divulgación científica e á promoción do papel das mulleres na ciencia desde 2016. O abanico das súas actividades inclúe a participación en proxectos audiovisuais (ex. a webserie Camiño a congreso), produción de monólogos científicos (semi-finalista de Famelab 2021), realización de charlas e talleres, e a elaboración de artigos en periódicos/revistas (El País, Revista de cultura científica e boletín da SEA). Ten experiencia en técnicas de técnicas teatrais aplicadas á ciencia (dramaturxia, actuación e improvisación). A súa curtametraxe «Movimiento, teatro, SgrA* y acción» obtivo o primeiro premio do CSIC de Divulgación.
O seu último gran proxecto de divulgación foi a coordinación de Espazo 3, un laboratorio de Ciencia, Teatro e Improvisación, con financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT).

15 de mayo de 2026

24 de abril de 2026

25 de marzo de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible