Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Cuándo:

21 de febrero de 2020

O Pleno dálles o si definitivo ás contas para 2020

O Goberno local recolleu no novo documento orzamentario as alegacións presentadas polos sindicatos

O Pleno deulle esta mañá o si definitivo ao orzamento xeral e ao cadro do persoal para o ano 2020 cos votos a favor de todos os grupos da Corporación agás os do PP. O documento recolle unha previsión de ingresos e gastos equilibrados que ascenden a 260 millóns de euros, e que están dirixidos a favorecer o impulso da actividade económica, a sustentabilidade ambiental, especialmente na mobilidade urbana, e garantir o benestar social.

O documento ratificado na sesión de hoxe recolle as reclamacións presentadas polos sindicatos, CIG, UXT e Comisións Obreiras nas que pedían que se incrementasen as prazas do grupo C1 do cadro de persoal a 134 e se convocasen 82 prazas de promoción interna do grupo C2 ao C1.

Ademais, a través da aprobación dunha emenda presentada polo Grupo Socialista e Marea Atlántica, corrixiuse un erro material no cadro de persoal do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE). O orzamento da entidade, tal e como explicou o voceiro do Goberno local, José Manuel Lage, recolle agora unha partida de 200.000 euros para o financiamento dos programas para creadores "Xerminal" e de dinamización cultural en barrios "Cultura de barrio". Ambos os dous programas desenvolveranse a través de convocatorias públicas de concorrencia de proxectos para artistas e entidades culturais da cidade.

No comenzo do debate, o voceiro municipal expresou a súa satisfacción pola aprobación das contas "estamos diante dun feito relevante, que é definitivamente dar por aprobado o orzamento de 2020 e que a partir da semana que ven poidamos executalo. Agardo que sexamos capaces de mirar cara adiante"

Con todo, lamentou a actitude do Partido Popular durante o proceso de elaboración dos orzamentos e acusounos de presentar emendas, disfrazadas de alegacións, que suman 15 millóns de euros. "Puideron facer un debate rigoroso, pero refusaron presentar propostas, a pesar de que ninguén lles pechou a porta". Lembroulles que renunciaran "a ser un grupo construtivo".

"Todos os grupos imos nun mesmo camiño e vostedes en dirección contraria, creo que non teñen razón" dixo ao tempo que cualificou de erro deixar as súas propostas para o período de alegacións: "fixeron un simple trámite administrativo para poder xustificar a súa oposición".

A pesar de deplorar a actitude dous populares, José Manuel Lage quixo quedar coa parte positiva de que "a maioría da Corporación apoia as contas" porque "o orzamento non ten unha cor partidista exclusiva senón unha única cor que é o dos intereses dos veciños e veciñas", dixo. "Se somos capaces de camiñar por unha senda construtiva, seremos capaces de deixar unha pegada no noso paso pola vida pública", apuntou.

Por este motivo, Lage agradeceulle á portavoz de Ciudadanos o seu espírito construtivo e aberto ao diálogo á hora de sacar adiante os orzamentos, a pesar, dixo, das diferenzas ideolóxicas. Tamén tivo palabras de recoñecemento ao traballo e postura do grupo municipal do BNG e remarcou a lealdade do seu portavoz Francisco Jorquera, "como se fósemos parte do mesmo goberno" e aseguroulle que o Goberno local apostará polo emprego público e "axilizará todos os problemas que veñen de atrás e que temos que resolver sen botar a culpa a ninguén".

Agradeceu a colaboración de Marea Atlántica recoñecendo o difícil labor de pasar á oposición despois de estar no Goberno e confía en seguir na mesma senda de traballo para que A Coruña teña orzamentos nos seguintes anos. "Que isto non sexa unha excepción senón que se converta nunha norma". "Gústannos as coalicións, pero fundamentalmente gústannos as coalicións coa cidadanía", finalizou o voceiro que puxo en valor o labor das funcionarias e funcionarios do concello.

"Os orzamentos do 2020 aséntanse sobre tres piares: a reactivación económica da cidade, a mellora das políticas de Benestar e a aposta polo desenvolvemento sostible, con especial incidencia na mobilidade urbana" explicou o voceiro de Facenda, recordando que son os tres eixos definidos pola alcaldesa para o mandato 2020-2023.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión