Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

1 de marzo de 2019

O Pleno insta ao goberno local, cos votos de PP e PSOE, a levar a cabo un modificativo como o que xa aprobou a Xunta de Goberno

O executivo municipal levará á vindeira sesión ordinaria do día 11 un modificativo sobre o orzamento prorrogado de 14 millóns de euros que lle permitirá acometer actuacións moi demandadas nos barrios ademais dos convenios e os gastos obrigados por lei

O Pleno extraordinario do Concello da Coruña, celebrado hoxe a petición do PP, aprobou, cos votos favorables desta formación e do PSOE, instar ao goberno local a tramitar un modificativo sobre o orzamento prorrogado como o que xa está tramitar para poder facer fronte aos convenios nominativos de 2019 con entidades da cidade, así como a todos aqueles gastos que sexan de obrigado cumprimento por imperativo legal, como é o caso do aumento na retribucion do funcionariado. O grupo de goberno local votou en contra deste asunto ao ver "un afán electoralista" na solicitude da sesión plenaria, toda vez que a Xunta de goberno local aprobou esta mesma semana un modificativo de algo máis de 14 millóns de euros sobre o orzamento prorrogado que será debatido no próximo pleno ordinario, que se celebrará o vindeiro día 11 de marzo.

A concelleira de Facenda, Eugenia Vieito, recordou, do mesmo xeito que tamén fixo de forma pública esta semana, que o modificativo servirá para facer fronte tanto aos convenios con entidades da cidade, como aos gastos obrigatorios (entre os que se atopa tanto o aumento do gasto de persoal como á indemnización aparellada ao cumprimento da sentenza homologada que evitou o derrubo do edificio Conde de Fenosa), e a distintas actuacións demandadas nos barrios da cidade, como é o caso, entre outros, do derrubo do viaducto da Rolda de Nelle ou a finalización da piscina e do polideportivo do Castrillón. Proxectos seleccionados pola veciñanza no marco do programa de Orzamentos Participativos ou as cantidades municipais necesarias para sacar adiante actuacións dentro da estratexia EidusCoruña serán outros dos gastos que se poderán acometer. A responsable municipal recordou que tanto socialistas como populares "tombaron o proxecto orzamentario do goberno local sen presentar nin unha soa achega e sen ter en conta a necesidade de acometer gastos obrigados". "Logo de botar por terra un orzamento 30 millóns de euros superior ao de 2018 piden que se acometa un modificativo no que só especifican a necesidade de que saian adiante os convenios nominativos coas entidades da cidade, sen ter en conta, nin tan sequera, de que existen outros gastos que son de obrigado cumprimento", recordou. "Non acerto a ver que lles reporta esta estratexia electoral, de ter votado en contra dos orzamentos e logo querer poñer a tirita do moficativo", manifestou a concelleira que recordou que, "ao día seguinte de que decidisen privar dun orzamento novo á cidadanía, o goberno local xa estaba traballando no modificativo que irá a Pleno o día 11".

O modificativo de 14 millóns de euros financiarase a través de baixas en partidas do orzamento prorrogado por valor de 6 millóns de euros e en base a un incremento na estimación de ingresos por importe de 8 millóns de euros. Destes, 6,5 millóns correspóndense coa subscrición dun préstamo bancario, mentres que 1,5 proceden dos ingresos adicionais que este ano percibirá o Concello grazas ao novo arrendamento do antigo Hotel Atlántico. Na súa intervención, a concelleira de Facenda manifestou a dificultade para abrir este modificativo a unha negociación "ao non existir case marxe no orzamento prorrogado e tendo en conta que determinadas partidas quedaron case a cero para poder facer fronte a estes necesarios gastos". "Non existe apenas marxe de negociación para buscar gastos obrigatorios nun orzamento con 30 millóns de euros menos que o prorrogado en vigor, no que non se prorrogaron 25 millóns de euros de investimentos. As baixas hai que buscalas, na súa maior parte, en partidas de gasto corrente que xa están comprometidas ou en execución", dixo Vieito, que solicitou responsabilidade aos grupos da oposición. "Despois do que fixeron cos orzamentos, non continúen polo camiño do bloqueo. Cren que lle fan dano ao goberno local pero parecen non darse conta de que son os veciños e veciñas quen están a sufrir as súas decisións", advertiu.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión