Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

31 de julio de 2022

A intervención da cómica e presentadora será ás 21.00 horas, antes do concerto gratuíto do artista británico James Blunt

O pregón de Carolina Iglesias abre mañá as Festas de María Pita 2022, que ofrecen un variado e extenso programa de actividades

Carolina Iglesias vén de triunfar coa gran revelación do universo podcast, ‘Estirando el chicle’, co que obtivo un premio Ondas. A artista coruñesa, con miles de seguidoras e seguidores nas redes sociais, será presentada pola alcaldesa, Inés Rey

O pregón de Carolina Iglesias dará mañá oficialmente o inicio das Festas de María Pita 2022, que prometen un mes de agosto cheo de actividades, música e divertimento. Será a partir das 21.00 horas, na praza de María Pita, coa presenza e intervención da alcaldesa, Inés Rey. Unha hora despois, James Blunt ofrecerá un concerto gratuíto co que se inician tamén "As noites de María Pita".

Carolina Iglesias, máis coñecida nas redes sociais como 'Percebes y Grelos', é cómica, presentadora e creadora de contidos. Unha todoterreo millenial das terras coruñesas que lle está a poñer voz a toda unha xeración a través do programa 'Estirando el chicle', o podcast máis escoitado do país, ou a través da creación de contidos en YouTube, con máis de 160.000 subscricións, ou Instagram, onde a seguen máis de 300.000 persoas.

A pregoeira deste ano naceu en 1993 na localidade de Santa Cruz, no municipio de Oleiros (A Coruña). Desde nena amosou os seus dotes para a comedia e a comunicación. Foi a cómica máis nova en facer un monólogo para Paramount Comedy, con só 18 anos. Ademais, colaborou e presentou 'Vodafone Yu' de Los 40 durante máis de tres tempadas, o chat de 'Operación Triunfo' en 2017 e 2018 e foi colaboradora en Zapeando, Comedy Central e en 'Lo Siguiente'. Como actriz participou en series como 'Válidas', de produción propia; 'Luimelia', 'Paquita Salas' ou 'Antes de Perder'.

Carolina Iglesias vén de triunfar coa gran revelación do universo podcast, 'Estirando el chicle', xunto a Victoria Martín. Ambas comezaron a gravalo desde as súas casas en pleno confinamento e hoxe contan xa cun premio Ondas en recoñecemento a "un programa rompedor na linguaxe e o enfoque que mestura humor, entrevistas e contidos sociais sen prexuízos".

Tamén o ano pasado, Iglesias foi galardoada co premio 'Elisa y Marcela' da Asociación pola Liberdade Afectivo Sexual da Coruña (ALAS) pola súa defensa dos dereitos do colectivo LGTBI, sendo a persoa máis nova en recibir esta distinción.

Defínese como feminista a rabiar, fan do cantante Raphael e do presentador Ramón García e adicta a Eurovisión; no seu perfil de Instagram, Carolina Iglesias declárase "galega" e confesa que o que máis lle gusta, ademais de escribir, é facer rir.

Aínda que o pregón será a súa apertura oficial, as festas de María Pita xa desenvolven algunhas das súas tradicionais actividades. Así, pasada xa a Feira das Marabillas, este sábado deu comezo Mostrart, a Feira de Artesanía de Galicia, e mañá tamén empeza a Feira do Libro nos xardíns de Méndez Núñez.

De forma paralela, o Cantón Grande acolle do 1 ao 10 de agosto o espazo interactivo 'A diversidade visible', no que, de 18.30 a 21.30 horas, se desenvolverán todos os días xogos e actividades ao redor da temática LGTBIQA+.

Dispositivo especial de transporte polas Festas de María Pita 2022

No contexto da celebración das Festas de María Pita, o servizo municipal de Mobilidade ten previsto un dispositivo especial para reforzar o transporte público pola cidade.

Neste sentido, e con vistas ás Noites de María Pita, disporanse cinco liñas de autobús (1; 1-A; 3; 6; e 21) para cubrir os percorridos de volta aos barrios, partindo desde Porta Real. Ademais, e en paralelo, o servizo de BiciCoruña, renovado a mediados de xullo, ampliará o seu horario de uso ata a unha da mañá.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión