Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Cuándo:

17 de octubre de 2020

O PRESCO cultural realiza 45 actuacións en 25 prazas da cidade

A alcaldesa, Inés Rey, asegura que se “estudou a posibilidade de tapar estes espazos, pero o obxectivo é que estean ao aire libre para evitar contaxios e darlles visiblidade ás artistas e aos artistas e axudarlles ao comercio e á hostalaría”. Canto aos bonos desconto do PRESCO, desde o Goberno local apunta que xa hai realizadas máis de 24.000 descargas ata o de agora e 698 establecementos da cidade adheridos a esta iniciativa.

A programación cultural do PRESCO levará realizadas, desde a súa posta en marcha o pasado 25 de setembro e até o domingo 18 de outubro, 45 actuacións en 25 prazas de diferentes zonas da cidade. Música, humor, contacontos, maxia, teatro ou danza son os espectáculos que a veciñanza de todos os barrios da Coruña leva desfrutando nestes 13 días repletos de actuacións.

A alcaldesa, Inés Rey, sinala que algunhas das actividades previstas hai semanas non se puideron realizar por mor da climatoloxía adversa, pero "estas actividades deben ser ao aire libre por cuestións sanitarias". Rey asegura que se "estudou a posibilidade de tapar estes espazos, pero o obxectivo é que estean ao aire libre para evitar contaxios e darlles visiblidade ás artistas e aos artistas e axudarlles ao comercio e á hostalaría". En definitiva, "está habendo moitas actuacións que lle gustan moitísimo á xente e as e os artistas maniféstannos que están moi contentos coa iniciativa".

Canto aos bonos desconto do PRESCO, desde o Goberno local apúntase que xa hai realizadas máis de 24.000 descargas ata o de agora e 698 establecementos da cidade adheridos a esta iniciativa. Ademais, 14 comercios da cidade xa chegaron ao límite establecido: 3 establecementos do comercio pequeno cun tope de 3.000 euros por empresa e 11 de cultura con 5.000 euros de máximo por establecemento. O Goberno local reunirase a semana que vén con comerciantes e hostalairos adheridos para realizaren un seguimento e avaliación do funcionamento do programa.

A iniciativa cultural do PRESCO, que conta cunha programación con máis de 100 actuacións e cun orzamento de 300.000 euros, ten como obxectivo apoiar o tecido cultural e ao mesmo tempo favorecer o consumo no comercio e na hostalaría nos diferentes barrios da Coruña durante o outono. O vindeiro 29 de novembro será a última actuación desta iniciativa de balde impulsada polo Concello da Coruña.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión