8 de abril de 2026
A empresa responsable iniciará este mércores os contactos co profesorado
O vindeiro luns 20 de abril reiniciarase o programa de Lecer do Fórum Metropolitano e Centro Sociocultural Ágora. Durante o día de hoxe a nova empresa responsable das actividades comezará a comunicarse co profesorado coa fin de por en marcha en ambos centros os obradoiros, que se celebrarán ata o 5 de xuño. A continuación, como é habitual na programación, terán lugar as actividades de clausura, nesta ocasión durante dúas semanas, do 8 ao 19 de xuño para, despois, deixar paso aos campamentos de verán.
O reinicio do programa de Lecer de primavera permitirá retomar os talleres, as actividades de clausura e os campamentos de verán previstos. "Damos solución de maneira áxil a unha situación complexa e pensando en todo momento nas persoas usuarias deste programa, así como no profesorado afectado", indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.
Nos vindeiros días, as persoas interesadas poderán consultar toda a información sobre a programación e inscripción na páxina web, nas redes sociais do Concello e nos propios centros.

15 de abril de 2026

15 de abril de 2026

13 de abril de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible