15 de mayo de 2021
A alcaldesa e presidenta do Consello de Edar Bens SA, Inés Rey, asinará a renovación do proxecto iniciado en abril de 2020 e no que a empresa pública supramunicipal investirá 50.000 euros.
O proxecto CovidBens, que rastrexa o coronavirus nas augas residuais da Coruña e a súa área metropolitana para obter datos fiables sobre a incidencia do virus na poboación e detectar rebrotes, identificou nas últimas semanas ata cinco variantes do coronavirus. O proxecto, en que participa un equipo científico multidisciplinar de distintas institucións científicas da cidade, será renovado nos próximos días cun novo investimento de 50.000 euros que achegará a empresa pública supramunicipal Edar Bens SA.
A alcaldesa e presidenta do Consello de Edar Bens SA, Inés Rey, sinalou que "proxectos como CovidBens, pioneiro en España e cuxos datos foron claves para que as autoridades sanitarias galegas tomasen decisións sobre a actividade da cidadanía, demostran a importancia da colaboración das entidades públicas na investigación científica e o posto de vangarda que ocupa A Coruña neste ámbito".
Neste sentido, CovidBens demostrou a súa fiabilidade para detectar e secuenciar con ata un mes de antelación as distintas variantes debidas á mutación do virus, o que consolida o estudo como unha ferramenta eficaz de alerta temperá e Edar Bens SA como sentinela da evolución da pandemia.
Nas últimas semanas, o estudo detectou ata seis variantes do coronavirus nas augas residuais da Coruña e a súa área metropolitana. Concretamente trátase das variantes británica ( B.1.1.7) española ( B.1.1.7), peruana ( C.37), surafricana ( B.1.351) e brasileira ( P.1) en baixa frecuencia, e a británica que foi a variante predominante.
Así mesmo, detectáronse trazas de mutacións compatibles coas variantes B.1.617 (india), B.1.429 (californiana), e B.1.526 (neoiorquina), pero compartidas coas variantes antes mencionadas. Por iso, non se pode afirmar que existan as ditas variantes na nosa área metropolitana, senón que se espera que a súa presenza sexa debida á existencia na área das demais variantes.
CovidBens é un proxecto de investigación que realiza un equipo multidisciplinar -que inclúe microbiólogos/as, enxeñeiros/as informáticos/as, matemáticos/as e de Camiños- da UDC, o INIBIC, o CHUAC, o CITIC e o CICA- que recolle datos de toda a poboación, incluídas das persoas ás que non se lles realizaron tests ou pasaron a Covid 19 sen síntomas. Os datos do proxecto son públicos e actualízanse cada semana na web de Edar Bens SA.
18 de abril de 2024
23 de diciembre de 2022
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible