9 de xuño de 2026
O pase terá lugar mañá ás 20.00 horas e será con entrada libre ata completar aforo. Contará cun coloquio e con dúas actuacións en directo de Belem Tajes, autora da banda sonora do filme
Mañá terá lugar no teatro Colón ás 20.00 horas a preestrea da curtametraxe "Corre", ópera prima no ámbito da ficción de Saamira Ganay que conta coa colaboración do Concello. A apertura de portas para o público será a partir das 19.30 horas, e a entrada será libre a ata completar aforo.
"O Goberno municipal apoia proxectos audiovisuais como este porque nos fan reflexionar e retratan realidades que temos cerca, pero que necesitan máis atención", apuntou o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro.
A obra, protagonizada pola actriz Lucía Veiga, constrúe unha historia íntima arredor de Iria, Amira e a súa filla Alex: unha familia obrigada a sobrevivir nunha Coruña próxima e recoñecible, atravesada polas problemáticas sociais e pola ameaza constante da perdida de dereitos conquistados. "Nun contexto no que determinadas identidades e formas de vida quedaron fóra da lei, a curtametraxe propón unha distopía incomodamente próxima ás dinámicas sociais e políticas do noso presente", subliña o equipo do filme.
Despois da proxección do filme, Belem Tajes, autora da banda sonora orixinal, ofrecerá unha actuación en directo. Ademais, haberá un coloquio moderado por Marta Doviro e coas intervencións de Saamira Ganay (directora e actriz da curta); Lucía Veiga (actriz da curta); Sara Miranda (actriz da curta); Rodrigo Gil (presidente de Caguama - Instituto de Migracións Ecosociais); Silvia Penide (cantante e membro do colectivo LGTBIQ+) e Marga Lago (monologuista e membro do colectivo LGTBIQ+). Despois do coloquio, Tajes fará unha segunda actuación.

9 de xuño de 2026

9 de xuño de 2026

9 de xuño de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible