28 de enero de 2022
O alacantino Juan Miguel Romero será o director convidado da función, na que se interpretarán cinco pezas de Verdi, Bizet, Ponchielli e Puccini
A Banda Municipal de Música da Coruña volve este domingo 30 ao Teatro Colón co concerto "Vientos de Ópera", que comezará ás 12.30 horas e será de acceso libre á cidadanía, con entrada de balde, ata completar capacidade, limitada por mor das medidas sanitarias vixentes contra a Covid-19.
A función, ideada como unha mestura de ópera e ballet e contará co alacantino Juan Miguel Romero como director convidado, abrangue un total de cinco pezas, entre as que destacan Nabucco, de Giuseppe Verdi, La Gioconda, de Amilcare Ponchielli e Turandot, de Giacomo Puccini.
Será o segundo concerto da Banda Municipal de Música da Coruña, integrada por medio cento de músicos, desde que comezou o ano 2022. Ademais, xa hai previstas outras dúas sesións, tamén no Teatro Colón, de cara ao mes de febreiro. Son as seguintes:
13 de febreiro (12.30 horas): Caleidoscopios, baixo a dirección de Marcel Ortega.
27 de febreiro (12.30 horas): Sentimentos sonoros, baixo a dirección de David Llano.
O cumprimento das pautas e medidas sanitarias contra a Covid-19
Durante a sesión, e en virtude das medidas sanitarias vixentes contra a Covid-19, será obrigatorio o uso de máscaras para os asistentes. Ademais, e en todo momento, tanto na agarda, acceso e estancia dentro do recinto, as usuarias e usuarios deberán seguir as instrucións do persoal.
Por outra banda, non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa Covid-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e as que non finalizasen o período de illamento, así como as personas que se atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa afectada por síntomas ou diagnosticada da Covid-19.
Actividades relacionadas
26 de abril de 2024
26 de abril de 2024
26 de abril de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible