Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

25 de marzo de 2020

O Teatro Colón amosa o talento das coruñesas e coruñeses nas súas canles sociais

A iniciativa xorde co fin de entreter a veciñanza que segue á entidade cultural nas redes sociais e de promover o talento local

O Teatro Colón impulsa unha iniciativa para as persoas seguidoras das súas canles sociais, co fin de compartir publicamente o talento local e ao mesmo tempo entreter a veciñanza nestas semanas de confinamento a causa do decreto do estado de alarma pola crise do Covid-19.

A metodoloxía para que as persoas usuarias das redes sociais poidan achegar os seus vídeos, co fin de que se suban nas canles sociais do Teatro Colón consiste en etiquetar a devandita entidade nos seus vídeos.

A iniciativa, que comezou hai uns días e xa conta con varios vídeos de música en directo, enmárcase dentro do cancelo #corunaencasa que desde hai días se está a empregar nas diferentes canles sociais do concello e que lle permite á veciñanza que se atopa confinada nos seus fogares acceder a contidos culturais e educativos en liña.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión