26 de diciembre de 2016
Os beneficios que recade a iniciativa, promovida por sete emisoras públicas e privadas da cidade, serán a prol da Asociación Agalure
O Teatro municipal Rosalía Castro acollerá o próximo martes, 3 de xaneiro, desde as 17.30 horas da tarde, unha nova edición da iniciativa solidaria 'A Radio Conta', un programa realizado e emitido de forma simultánea por sete emisoras públicas e privadas da Coruña co obxectivo de visibilizar o traballo de asociacións e entidades sociais da cidade, "ademais de render homenaxe ás e aos profesionais da radio local", sinalou Moncho Viña, condutor do especial. Así, a cuarta edición de 'A Radio Conta', na que colabora o Concello a través da cesión do recinto cultural, recadará beneficios a prol da Asociación Agalure, entidade que educa e sensibiliza contra a ludomanía e outras adiccións no municipio desde hai máis de 20 anos.
O programa especial contará coa participación de convidados como o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, actores como Paco Lodeiro ou Martiño Rivas; ademais das actuacións de Cántigas da Terra, Curtis e Teixeiro, Sés, Os da ría e Sito Sedes. No desenvolvemento do programa implicaranse xornalistas de COPE, Onda Cero, Radio Coruña, Radio Galega, RNE, Radio Marca e Radio Voz, así como Arturo Lezcano, Xaime Arias e Sabela Romar.
O programa terá lugar entre as 17.30 e as 20.00 horas, e a entrada ao recinto municipal será libre e con donativo voluntario. Neste sentido, a iniciativa tamén promove colaboracións a través dunha 'fila cero'. Así, as achegas solidarias poderán facerse a través do número de conta da propia Asociación Agalure: ES67 2100 5827 0002 0004 5904

19 de diciembre de 2025

11 de diciembre de 2025

8 de diciembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible