16 de febrero de 2024
O concelleiro de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, presentou o programa, no que figuran artistas como Fillas de Cassanra, Xosé A. Touriñán ou Xurxo Fernandes
O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, presentou esta mañá a gala 'Cultura contra a barbarie', un evento solidario co pobo palestino que promove o Concello da Coruña. Este acontecemento celebrarase o vindeiro 13 de marzo a partir das 20.30 horas, no Teatro Rosalía de Castro. O edil estivo acompañado na presentación realizada no Palacio Municipal de María Pita por Iván Prado, de Pallasos en Rebeldía.
"O Goberno de Inés Rey está comprometido coa paz e a xustiza no mundo, e desexa e demanda o fin do conflito e o remate da barbarie contra a poboación civil en Palestina. E por iso quixemos colaborar con este evento, ao que sumamos a grandes artistas do panorama galego, dos que gabamos o seu compromiso", sinalou Gonzalo Castro. A gala está organizada por Culturactiva e Pallasos en rebeldía.
Cómpre lembrar que a Corte Internacional de Xustiza ordenou recentemente a Israel "tomar todas as medidas" inmediatas e efectivas para "previr" un xenocidio en Gaza, e para "permitir a prestación dos servizos básicos e a asistencia humanitaria que se necesitan de forma urxente para combater as adversas condicións de vida ás que se enfronta a poboación palestina na Faixa".
O espectáculo estará presentado pola actriz Isabel Risco e contará coa participación de Fillas de Cassandra, Xosé A. Touriñán, Dani García, Xurxo Fernandez, Sue Moreno, Alfredo Muíño, Sahar Shatat e Iván Prado. Estes elenco de artistas galegos súmase así a outras celebridades do mundo da música como Rozalén, Coque Malla ou Ismael Serrano que xa expresaron o seu apoio á causa palestina, e que o público coruñés terá oportunidade de presenciar ao longo de 2024 na cidade.
As entradas terán un prezo único de 10 euros, e todo o que se recade irá destinado á Gaza Stars Circus School, unha entidade local coa que colabora Pallasos en Rebeldía, e que traballa directamente con nenos e nenas, proporcionándolles bens básicos como alimentos, medicinas e roupa. As entradas poderán adquirirse proximamente a través da plataforma Ataquilla.
18 de mayo de 2024
17 de mayo de 2024
17 de mayo de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible