12 de octubre de 2025
O Concello ofertará 108 prazas repartidas en nove quendas, que terán lugar entre este mes e o de novembro
Nas vindeiras semanas, o Concello da Coruña programará, a través da rede municipal de Museos Científicos Coruñeses, as novas sesións da actividade «Aventura coas focas», que volve ao Aquarium Finisterrae neste mes de outubro e tamén en novembro.
«Aventura coas focas» é un taller de divulgación científica dirixido a persoas maiores de 7 anos, no que se participa na preparación dos alimentos e se accede ás plataformas exteriores onde se alimenta e revisa o estado destes mamíferos mariños.
As persoas participantes deberán acreditar a súa idade con DNI ou fotografía do libro de familia onde figure o nome e a data de nacemento. Ademais, as nenas e nenos deberán ir acompañados durante toda a actividade por unha persoa adulta que se fará cargo dun máximo de 2 menores.
Esta actividade non ten custo engadido ao prezo que cada visitante deba aboar para entrar no recinto, pero require a reserva de entradas para todas as persoas participantes. Polas características da actividade, ofértanse só 12 prazas en cada sesión. Haberá 9 sesións, o que supón un total de 108 prazas.
A reserva de entradas poderá realizarse a partir do 15 de outubro ás 9.00 da mañá, a través da plataforma de ticketing do Concello.

24 de abril de 2026

25 de marzo de 2026

16 de marzo de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible