Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de marzo de 2023

Vicco, Fillas de Cassandra, Locomía, La La Love You, Nancys Rubias ou Fórmula Abierta actuarán entre os días 2 e 9 de xullo

Oito días de música e 35 artistas para celebrar o Atlantic Pride na Coruña

Inés Rey: “Esta edición é a primeira de moitas que contarán con artistas internacionais, consolidando A Coruña como a capital do Orgullo no norte”

A alcaldesa, Inés Rey, presentou esta mañá a programación do Festival Atlantic Pride, "O Orgullo do Norte", que contará nesta edición con 35 artistas e oito días de eventos completamente gratuítos. "Despois do éxito das pasadas edicións, este Atlantic Pride volve con moita forza e tamén con moita inspiración nos oitenta, noventa e nos dous mil para celebrar que A Coruña é unha cidade orgullosa da súa diversidade". A rexedora estivo acompañada de Luis "Licho" Pazos, presidente de Orgullo Coruña (ORCO), entidade organizadora do evento xunto con César Pérez e Iván Cervo, membros da directiva de Orgullo Coruña.

Trátase dunha proposta que vai do local ao internacional contando con Fillas de Cassandra ou Vicco, artistas emerxentes, xunto con propostas consagradas como La La Love You, Nancys Rubias, Locomía, Soraya ou Fórmula Abierta. Esta edición contará ademais por primeira vez cunha artista internacional coa actuación de Daisy Dee (Technotronic). "Esta edición é a primeira de moitas que contarán con artistas internacionais, consolidando A Coruña como referente do Orgullo no norte de España" subliñou a rexedora.

O cartel complétase cos nomes de Hidrogenesse, Joe Crepúsculo, Amistades Peligrosas, Agoney, Corona, Futurachicapop, Hydn, Laskaar, Rozalla, Melody, Mueveloreina, Nia Twee, Venedita Von Dash, Samantha Ballantines, Kelly Amethyst, Charlot Bennet, Lucía Cabrero, Kim Miller, Electra Paniculata, Señora Dj, Morenomoreno Dj, La Suprema, Jëan Fixx, Dj90, Dj Licho, Gorllitox y Dj Flashback. Os artistas actuarán entre os días 2 e 9 de xullo e repartiranse en tres escenarios diferentes: Fundación Luís Seoane, praza de Pontevedra e xardíns de Méndez Núñez.

Literatura e diversidade no escenario

Ademais da programación musical, este ano presenta a segunda edición do certame de literatura LGTBI+ Atlantic Pride, apostando novamente pola creatividade literaria coa segunda edición do seu certame de Literatura LGTBI+ co club de lectura QUEERuña.

Este certame literario pretende visibilizar as diversidades sexuais e de xénero e as experiencias minorizadas de todas as persoas LGTBI+, e ofrece tres premios de 600, 300 e 100 euros aos mellores relatos presentados, que teñen de prazo ata o 30 de abril para achegar a súa candidatura.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión